10/5/22
MERCADO DE LIBROS
29/3/22
NON ÁS GUERRAS
9/3/22
8 DE MARZO DÍA DA MULLER
23/2/22
23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe lembramos o nacemento de Rosalía de Castro e facemos no noso centro unha pequena homenaxe a esta escritora a cal encheu de vida a nosa lingua a través das súas poesías. Dende a publicación dos seus Cantares Gallegos en 1863 converteuse xa nun símbolo para Galicia.
Naceu un 23 de febreiro de 1837 nunha casa do Camiño Novo que daquela pertencía ao Concello de Conxo (hoxe Santiago de Compostela). Filla da fidalga María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía e do sacerdote José Viojo é criada polas tías paternas ata que pasa a vivir coa súa nai en Santiago. Casa con Manuel Murguía en 1858 de cuxo matrimonio nacen sete fillos. Morre prematuramente aos 48 anos en 1885.
O 17 de maio de 1863 publica Cantares Gallegos e será este o motivo que leve á escolla deste día (17 de maio) para a celebración do Día das Letras Galegas sendo ela a primeira homenaxeada en 1963.
Deixamos aquí unhas imaxes da nosa pequena homenaxe coa que pretendemos mostrar como pervive ao longo do tempo e como a súa figura está presente en moitos dos nosos momentos cotiáns: cando portamos unha xoia, un bolso, unha camisola, cando escribimos ou mesmo cando nesta época actual de pandemias portamos unha máscara. Non esquezamos que mesmo outras culturas tan afastadas á nosa como a xaponesa senten interese, coñecen e espallan a obra rosaliana tal como fixo o profesor xaponés Takekazu Asaka que vén de finalizar a tradución ao xaponés de Follas Novas como xa fixera previamente cos Cantares Gallegos.
Dende "Onda Raia" tamén tivemos unha programación especial coa entrevista a Xoán Eiriz e Suso Díaz, cantante e poeta respectivamente, que veñen de presentar un disco sobre a nosa autora, "Amada Rosalía".
22/2/22
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)
Fixemos unha lembranza de todas esas mulleres científicas que moitas veces quedaron invisibilizadas e que pouco a pouco van ocupando o lugar que merecen. As nosas profes de Bioloxía e Xeografía e Historia luciron así de ben as camisolas en homenaxe á muller científica e ás nenas que no futuro tamén o serán. Parabéns.
CURSO 2021-2022
Ola de novo. Tras unha parada obrigada por motivos alleos á nosa vontade recuperamos actividade e saudamos de novo a toda a comunidade educativa do noso centro e tamén a todos e todas os/as que seguen o noso blog. A nosa biblioteca vai collendo forzas de novo e pouco a pouco retomamos actividade. Volvemos este curso contar cos nosos clubs de lectura e engadimos un novo dedicado ao mundo da banda deseñada e do manga. Lembramos conmemoracións como o Día da muller e da nena na ciencia (11 de febreiro) ou o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro) e facemos caso á nosa Meca neste entroido tentando cumprir os mandados que diariamente nos fai ao longo desta semana. Este curso traballamos na biblio co lema XEOGRAFÍAS LECTORAS porque queremos achegarnos a través da lectura a outros lugares próximos e non tan próximos polo que lembraremos títulos como A volta ao mundo en oitenta días de Jules Verne e traeremos títulos novos que nos achegan a lugares da nosa contorna galega como Ons, Guitiriz ou Cans de Carlos Meixide. O noso desexo é gozar da lectura con todos e todas vós e calquera achega será benvida. Feliz Entroido!!!!
7/3/21
Curso 2020-2021
Día 8 de marzo
11/2/21
Curso 2020-2021
Semana de San Valentín
Aquí hai unha canción que un mozo cántalle a unha moza.
1/11/20
Curso 2020-2021
Inauguración da Radio Escolar no curso 2020-2021
27/10/20
Curso 2020-2021
Entrega de diplomas aos voluntarios da Biblioteca
19/10/20
Curso 2020-2021
Apertura da Biblioteca
Boas días a tod@s,
Arrancamos con moitas ganas este curso na Biblioteca. Xa sabedes que este curso estamos no antigo laboratorio, frente á escaleira da cafetería.
Este curso vai ser un pouco diferente en canto ao sistema de préstamos e devolucións. Para axilizar os trámites e que non haxa aglomeracións, cando queirades levar un libro tedes que enviarme un email á conta de correo: biblosvivos@gmail.com
No correo tedes que indicar:
1. O título do libro
2. O autor do libro
3. O voso nome e o curso no que estades
4. O voso número do carné de lector.
Unha vez enviado, teredes que agardar pola resposta coas instruccións para recoller o libro.
Se queredes devolver algún libro do curso pasado falade coas profes de garda da Biblioteca.
Bo curso a tod@s!
8/6/20
Curso 2019-2020
Fin de curso "distinto"
O pasado 5 de xuño celebrouse o día mundial do medio ambiente e o día 8 de xuño é o día dos océanos.O mes de xuño é un mes moi adicado á ecoloxía, aínda que este é un tema do que nos ocupar e "preocupar" durante todo o ano.
15/5/20
Curso 2019-2020
Día das Letras Galegas 2020
- Traballo de procura de información nos cartaces que envía a Consellería de Educación. Cartaces que se pegarían no corredor.
-Tamén tiñamos previsto organizar un recital de poesía o día 23 de abril. Sería un recital de poemas de mulleres.
Coidaos moito!
23/4/20
Curso 2019-2020
Tempos de cuarentena
Hoxe é o día do libro. Aquí vos mando un fragmento do Quixote, para festexar esta data.E ¿por que precisamente o día 23 de abril se celebra o día do libro? E ¿por que un fragmento da obra de Miguel de Cervantes?
La Unesco explica en su página web que el 23 de abril es “un día simbólico” para la literatura en todo el mundo “ya que ese día en 1616 fallecieron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega”. Y la casualidad no termina ahí: “la fecha también coincide con el nacimiento o la muerte de otros autores prominentes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla y Manuel Mejía Vallejo”, explica la entidad de la ONU.
Por eso, en 1995, la Conferencia General de la Unesco, celebrada en París, tomó la decisión de “rendir un homenaje universal a los libros y autores en esta fecha, alentando a todos, y en particular a los jóvenes, a descubrir el placer de la lectura”.
Moito ánimo para tod@s e boa cuarentena, non esquezades ler!
5/4/20
Curso 2019-2020
Tempos de Cuarentena
Ola, hoxe quería mostrarvos un vídeo que me pareceu interesante e porque entre as novas medidas do Goberno Central está a de implementar o uso de mascarillas, algo que xa fan algúns países do leste de Europa como Chequia.
Aquí vos deixo o vídeo e así practicades inglés, 😜😜
Tamén querería comentarvos que non vale calquera tela, ten que ser doble ou o bastante grosa para que non pasen os líquidos a través dela, tédelo en conta cando utilicedes unha.
Boa Cuarentena e lembrade: ¡Toda precaución é pouca! ¡Cuidarvos moito e non esquezades que vos botamos de menos e esperamos volver a vernos moi pronto!













