25/9/23
NOVA ANDAINA 2023-24
8/6/23
ÚLTIMO TAMÉN LEN DO CURSO
Hoxe celebramos a última sesión do Tamén Len deste curso. Tivemos o pracer de contar coa visita da ex-profe de Lingua Castelá Sonia Freijeiro que desempeñou o seu labor docente durante 15 anos no noso centro. Tróuxonos unha interesante lectura "En la otra orilla" de Olga Alonso e lembramos con ela anécdotas do tempo que pasou no IES. Foi un pracer contar coa súa presenza e pechar así as sesións deste curso cunha das persoas que promoveron a creación desta interesante actividade do Tamén Len.
Aquí vos deixamos unhas fotiños que ilustran a sesión. Grazas Sonia.
31/5/23
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
24/5/23
TAMÉN LEN 24 DE MAIO
Hoxe tivemos un Tamén Len moi especial xa que nos visitou o profe Raúl Francés que se xubilou este curso e que tanta pegada deixou no centro. Foi un pracer escoitar as súas verbas dándolle voz ao conto de Xosé Luis Méndez Ferrín, "O Suso", un dos relatos clásicos e cume na literatura galega que sempre provoca un arrepío. Grazas Raúl por acompañarnos e poder gozar contigo do pracer da lectura. Deixamos unhas fotiños do encontro.
2/5/23
ACTIVIDADES DE ABRIL
E por último unha fotiño do noso expositor de libros co gallo da celebración do 23 de Abril, Día do libro.
21/3/23
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar o Día da Poesía a Biblioteca do IES Pedras Rubias convocou un concurso de recitado de poemas. A pesar de que o alumnado de 2º ESO está en Andorra e o de 1º de Bacharelato en Madrid o concurso tivo unha gran acollida e foron moitos os alumnos e alumnas que se animaron a participar.
Abriu o recital Esteban Oliveira de 3º A co poema “Moraima” de Celso Emilio Ferreiro; a continuación, foi a quenda de Fabio Mazzurco de 3º A que recitou un poema de Roberto Blanco Torres; seguidamente, Xoel Roque de 4º C declamou un fermoso poema da súa autoría titulado “Ángel en tierra”; despois, Vera Rodríguez de 1º D tamén recitou un poema creado por ela mesma e que leva por título “ Ao amencer”; posteriormente, un numeroso grupo de alumnas de 1º D cantou “Adiós ríos” de Rosalía de Castro; e para finalizar, Martina González de 1º C recitou un poema de Antonio García Teijeiro.
Grazas a todas e todos por participar e por dar vida á poesía a través das vosas voces neste 21 de marzo. Parabéns aos gañadores e gañadora.
Aquí vos vai unha mostra gráfica do acto.
17/3/23
SEMANA DE ACTIVIDADES LECTORAS
ESTA SEMANA TIVEMOS ACTIVIDADES LECTORAS MOI INTERESANTES:
O LUNS 13 RECIBIMOS A ANTÓN RIVEIRO COELLO PARA FALAR CO ALUMNADO DE 4º E DE 1º BACH SOBRE AS SÚAS OBRAS "O PARAISO DOS INOCENTES" E "AS RULAS DE BAKUNIN". UN AUTOR CLÁSICO XA NA NOSA LITERATURA MÁIS RECENTE E QUE DEBEMOS LER. GRAZAS POLA SÚA CONVERSA TAN INTERESANTE.
O MÉRCORES 15 VOLTOU O NOSO "TAMÉN LEN", DESTA VEZ COA GRATA PRESENZA DE NOELIA VAQUEIRO, EX-ALUMNA DO CENTRO E GRAN AFECCIONADA Á LECTURA E ÁS VIAXES, RENDEULLE UNHA PEQUENA HOMENAXE A DOMINGO VILLAR COA LECTURA DUN FRAGMENTO DE "O ÚLTIMO BARCO" E VIAXAMOS CON ELA AOS DISTINTOS LUGARES QUE VISITOU NAS SÚAS VIAXES.
SIGAMOS APAIXONÁNDONOS POLA LECTURA . AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA GRÁFICA.
9/3/23
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
27/2/23
TAMÉN LEN: XESPI, POETA DE SALCEDA
Hoxe no Tamén Len contamos coa presenza de Xespi, poeta de Salceda e ademais pai dunha das nosas alumnas. Tivemos o gran pracer de escoitar a súa voz a través dunha fermosa selección de poemas por el escollidos que demostraron unha vez máis a forza da palabra poética e a necesidade de ler e "consumir" este xénero literario. Grazas por tan fermoso acto.
23/2/23
23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A nosa homenaxe a Rosalía. No seu día lembramos a súa figura e a importancia que ten para a nosa cultura.
Hoxe hai 186 do seu nacemento.















.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)














.jpg)

