Hoxe tivemos a honra de estrear as sesións do "Tamén len" deste curso coa estimada presenza da nosa compañeira Rosa Velasco, que nos agasallou coa lectura dun relato de Carlos Casares, recollido no libro "Vento ferido", titulado "O xogo da guerra".
Este pequeno relato conmove e arrepía ao mesmo tempo pois plasma con naturalidade o tema do acoso dentro dunha cuadrilla de rapaces. Fala do medo a dicir non, a saírse do grupo e de que a violenza só enxendra máis violenza. Duro e inesquecible.
Todo o contrario que Rosa, sempre amable e alegre. Foi un pracer terte de novo con nós.
Todo o contrario que Rosa, sempre amable e alegre. Foi un pracer terte de novo con nós.
Moitas grazas.
4 comentarios:
hola!
o relato estivo moi bn!
teñen q vir mais profes do cole altamira ou algun q estivese neste centro anos atras(staria moi bn)
saudos!
Sempre é un pracer escoitar a voz de profes do Altamira. O relato foi unha escolla estupenda. Inquietante... como estes días de Samaín... Foi unha pena que os asistentes non se animaran máis a preguntarlle a Rosa, co ben que se está escoitándoa.
Yaaa pero son 4 horas de clases y los "asistentes" stamos cansados!! jaja
Somos conscientes diso, Adrián, por iso a vosa asistencia ten aínda máis mérito.
Publicar un comentario