O pasado 22 de decembro foi un día de despedidas. A maioría marchabamos de vacacións de Nadal... Pero ti, José Luís, despois de toda unha vida dedicada ao ensino, comezabas unha nova etapa: a da xubilación.
Nun acto improvisado pero cheo de cariño e gratitude, os teus alumnos/as e compañeiros/as fixémosche un corredor para conducirte á túa benquerida biblioteca, onde te agardaban expectantes para ofrecerte unha lectura dalgúns dos teus textos favoritos: O primeiro capítulo de "Platero y yo" e o poema das golondrinas de Bécquer.
Contigo, non esaxeramos ao dicilo, sentimos que marcha o espírito desta Calixtina que ti bautizaches. Nós, as compoñentes deste equipo de biblioteca, quedamos desde entón un pouco orfas. Fáltannos a túa compaña, o teu ben facer, a túa sabedoría, a túa música e tantas e tantas cousas irremprazables.
Es a persoa que mellor representa o significado da palabra "mestre"; estar ao teu carón e aprender eran a mesma cousa.
Non imaxinas canto te imos botar de menos! Ti marchas, o teu legado continúa.
O equipo de biblioteca.
10 comentarios:
profe te vamos a echar de menos!!
a ver si nos vemos pronto, y vienes de visita!:)Jessica 3ºB
Querido profe!
Con moita pena fuchestenos do istituto donde te quixemos cando nos dechesclase e no que te quereremos aina que non nos deas :)
Esperamos que nos visites mui amiudo e que algun dia que outro nos recites un dos teus poemas tan ven interpretados coo sempre!Espero que ti tamen o pasaras ben connosco nos teus anos de mestre.Sempre te vamos recordar e sempre que entre na blibioteca acordareime de ti sen dubida:)
Jose Luís... Que dicir...? A biblioteca non é o mesmo sen ti!!!
Jose Luis graciñas pola túa colaboración co Dep. de Ed.Física. Recordo aqueles inmellorables arbitraxes de baloncesto nas Olimpiadas de "Dalle a Todo". Algún ano colleches o micrófono e fixeches de speaker animador...Tamén recordo as entregas de medallas e agasallos nas Subidas ao Penedo Redondo...
Unha aperta!
P.D. Só quería pedirche que me escribas o discurso cando me xubile.
EU TAMÉÉNN!!
Profe, que guai es... Juapo!!
José Luís, grandísimo mestre e mellor persoa.
Él sí que lle da a todo: caligrafía perfecta, lectura, lingua galega, francés, música, teatro, excursionista, guinosta de festivais, director de coro, ... e si se tercia, árbitro do que sexa.
Tiven a sorte, como moitos de vós, de aprender del, de rir coa súa ilusión diaria nas clases, e ata de compartir cea para celebrar dez anos despois do colexio.
Agora sodes vós os que tedes que continuar o seu legado, e, como non, co club de lectura... mira por onde, xa temos invitado de luxo.
Pero non nos preocupemos. Estou completamente seguro de que o noso 'Xosé' Luís continuará ríndose e aprendendo coa súa fermosa neta.
Unha enorme aperta, amigo.
Jose Otero
José Luís é o "máis mellor" do mundo. Ese si que é un mestre, e non o de Karate Kid.
Ramón
Que maior satisfacción para ti que poder contemplar a túa labor nese fantástico equipo de biblioteca, club de lectura etc...dende a propia casa con só entar no blog? E poder vir ao instituto e recibir tantas mostras de afecto do alumnado e compaeir@s?
Eu non podería estar máis tranquilo!
CUIDATE MOITO
Jose Luis, só deixarte claro, que vámoste a extrañar moitiisimo !
Espero que nos visites algún día.
Como xa dixen;Calixtina , Platero e nós, necesitámoste.
Unha aperta
Lucia Alonso Ozores.
Publicar un comentario