28/2/11

Engánchate á lectura con... Agustín Fernández Paz

Iniciamos con este autor un novo apartado adicado aos escritores de literatura xuvenil con máis seguidores-lectores. Por que comezamos por Agustín Fernández Paz? Chegaría con dicir que porque é galego, porque os seus libros están dentro das lecturas recomendadas polos departamentos de galego e de castelán de todos os institutos, porque vos gusta, porque nos gusta... pero hai unha razón máis poderosa: Agustín Fernández Paz ven de ser nominado para recibir o Premio Hans Christian Andersen, probablemente o máis prestixioso premio de literatura infantil e xuvenil que algúns comparan co Nobel nese xénero. 
Aquí vos deixo un panel coa súa abundantísima bibliografía. Para ver as reseñas dos seus libros ou saber máis sobre el, premede enriba das imaxes.
Noraboa Agustín!


4 comentarios:

Sara Boó 1ºA dijo...

Dos libros que levo lido de Agustín fernández Paz o que máis me gusto foi "Cartas de Inverno".

Susana dijo...

Como profe de galego e como lectora... só podo dicir MOITAS GRAZAS AGUSTÍN!!

Adrián dijo...

Cartas de inverno está ben, pero un dous meus favoritos é "Corredores de sombra! É un deses típicos libros que me consegue enganchan dende o comezo e ata o final ;)

Anónimo dijo...

el libro "cartas de inverno" y "trece anos de branca" me encantaron si alguien no los leyo que lo lean que se leen rapidisimo y son muy bonitos