16/3/11

Burkomanía

Teño nas mans un cómic (sen texto) que ven de ser editado en España por Norma Editorial neste mesmo mes. Titúlase "Burkomanía" e pertence ao ilustrador belga JacPé. 

O libro enfrenta en clave de humor a situación que viven, en algúns paises de relixión islámica, as mulleres que están obrigadas a usar o burka. O sorriso, en todo caso, é un sorriso agridoce.

O prólogo do libro fíxoo Anne-Marie Lizin, Profesora no Institut des Sciences Politiques de Paris, antiga presidenta do senado en Bélxica e Membro da Liga de Dereito Internacional das Mulleres. Comeza así:

" ¿Podemos reírnos de lo que no hace gracia?¿Reímos por no llorar?
La risa, en el caso del burka, nunca es franca y abierta, consecuencia de un humor contestatario y salvador. No puede serlo porque, bajo el burka, siempre hay una victima, una víctima real.
Hay millares de esas víctimas. Y lo sabemos, Soportan un comportamiento medieval del que no pueden ni imaginarse cómo quitárselo de encima, del que ni se atreven a soñar con ser liberadas, porque la lucha para la liberación tropieza con las estructuras sociales y mentales que tienen.
Para estas víctimas, la lucha no es teórica o ideológica, como puede ser en nuestros países, porque implica que cada una de ellas arriesgue su propia vida..."


E finaliza convidándonos a actuar para erradicar do mundo estas prácticas.


"Reir es saludable. Sobre todo cuando te lleva a actuar.
Actuar contra los hipócritas, a menudo hobres, que no "ven el problema".
Actuar para legislar el burka, para prohibir las lapidaciones, para prohibir los matrimonios forzados, actuar para convertir en intolerables todas estas prácticas en Europa y en todo el mundo".

Aquí tedes algunhas viñetas (os comentarios son meus). Paga a pena que lle botedes unha ollada.

6 comentarios:

Susana dijo...

Cando les o libro parece que te sentes mal ao rir, porque estás rindo dunha realidade terrible e, sobran as palabras, inxusa. Por iso reconforta ler o prólogo... rir para actuar. Menos mal que temos un mes violeta!!
Recoméndovolo, é moi breve... e moi bo! Hurra por Paula que nos trae estas novidades!!

Irma dijo...

É fastástico, eu paseino en grande na Biblio lendo e comentándoo con Ana...
É un dos libros en que ler o prólogo realmente adoita ter ese sentido. Moi importante facelo...Noraboa a Paula e a todo o equipo da Biblioteca, un exemplo máis de Mulleres traballadoras e comprometidas coa Sociedade e a Cultura!!
Son super fan :), xa o sabedes...

ana dijo...

Sabémolo e nos encanta. Eu tamén o pasei bárbaro, imos ter que facelo máis a miúdo.

Lucia A. dijo...

Aínda non o lin, porque entre os libros obligatorios os voluntarios e os de sociais non dou ! Pero a verdade é que ten toda a pinta de ser un libro moi interesante.
Teño que dar a noraboa a todos aqueles profes/mestres que organizaron a actividade da promoción do libro.
Unha vez máis ... Triunfáchedes!
A idea moi orixinal.

ana dijo...

Luci, pero ti falas do diario violeta non? jajajaj

ana dijo...

Luci, pero ti falas do diario violeta non? jajajaj