25/6/11

No IES Pedras Rubias gústanos moito criticar...


E, precisamente,  a entrada de hoxe consiste niso: CRITICAR. Agora que xa rematamo-lo curso, é un bó momento de criticar a máis non poder. Pero, tranquil@s... Que non cunda o pánico! Hoxe non imos centrar a nosa crítica en vós, non. Imos elaborar unha crítica do filme de terror "Insidious". 

O argumento é o seguinte: Josh, a súa muller Reani e os seus tres fillos múdanse a unha nova casa. Cando o seu fillo pequeno, Dalton, sofre un accidente e cae nun coma, comezan a suceder extranos fenómenos na súa nova casa e a familia decide pedir axuda a unha médium.

O director desta película é James Wan. Seguro que o nome nos vos soa de nada... Pero, e se vos digo que é o productor e director da película "Saw"? Agora seguro que sí, non? Pois ben, Wan quería facer unha película de terror ao estilo dos anos 80 (é unha película moi parecida a Poltergeist) na que non saise nin unha pizca de sangue.  É así foi! Nada de sangue. Iso si, os bonecos diabólicos asidos da "Guerra das Galaxias" que non falten :)

A película comeza moi ben: Uns títulos de crédito moi logrados, una música que engancha... En fin, bastante ben. Nos primeiros minutos non sucede nada. A partires do minuto 20, cando Dalton cae nun coma, comezan a suceder cousas estranas. Estranas e moi prededibles: os típicos pasos que veñen da porta, os ruidiños e golpes na cama do hermano menor, ou sexa o típico. Aquí a peli xa vai perdendo algo de forza. O seu problema principal e que non innova, estáncase nos efectos dos anos 80, non evoluciona. A medida que " a película más terrorífica dos últimos anos" (según o trailer) avanza, os estranos ruidos mistúranse con presenzas que veñen do outro mundo (do outro mundo ou da película que botaron na galega fai uns días). Estas "terroríficas" presenzas (drácula, o diaño... moi innovador, si señor!) causan máis gracia que medo. Por citar algo: cando o diaño estase a pintar as unllas no inferno... Por favor! Máis "ridículo" imposible. Esta é a primeira parte do filme: como vedes, o típico das películas de medo. O atípico ben na segunda parte. Se a primeira parte resulta algo inquedante (polas subidas de volume, a dichosa musiquiña....) a segunda parte é demasiado cómica. 

Como vos dicía ó comezo, debido a tódo-los fenómenos extranos que suceden na casa, Josh e a súa muller (ela si que fai un papelón na película) deciden porse en contacto cunha médium. A médium ven acompañada de dous parapsicólogos. Más "lerdos" e non nacen: que se non saben como funciona a cámara de fotos, que se quen é mellor parapsicólogo.... Pois esa é a segunda parte: un paréntese que non conduce a nada (bueno, conduce a quedarse durmido na butaca do cine) e que non ten absolutamente nada que ver có principio. Na miña opinión, non poder que o espectador adocte tres posturas diferentes durante a película: ou é de medo ou cómica, pero por favor, non mistures ambas cousas ou só sonseguirás confundir o espectador.

Como vedes pouco a pouco a película vai aborrecende, resultando máis predecible e caendo nas redes de moitos intentos de "películas de terror" (Paranormal Activity, por exemplo). 

Retomando a miña crítica: ao final, a médium coa "axuda" dos dous "parapsicólogos"  ( a axuda das comiñas é inevitable) descarta que a casa estexa embruxada e dí que é Dalton, o seu fillo, que está embruxado. Aquí a película da un xiro de 360º. 

A terceira parte (que non a vou contar, posto que é o final) é, no meu punto de vista, a mellor con diferenza. O final é moi confuso e eu tiven que volver a ver a película na rede, para aclarar como acaba. 

Resumindo: unha película que comeza ben pero vaise desinflando pouco a pouco, a pesares do seu inesperado final. Queredes saber por que o califico como inesperado? Ide a ver "Insidious" xa que, polo menos, pasaredes o tempo, aínda que a película é como as 10000 películas de medo que se fixeron neste mundo. 

E xa para remata-la miña crítica, podedes botar un vistazo o tráiler (que, por certo, agocha unha sorpresiña) ... Pasade un bó verán!






Adrián Troncoso, 4ºA

7 comentarios:

biblosvivos@gmail.com dijo...

Aínda que non me van moito as pelis de medo, terei que vela! Bo verán para ti tamén.

ATB (ex-alumno) dijo...

haha igualmente! El principio está bien pero a poco a poco se viene abajao, aunque el final te deja aturdido. :)

Anónimo dijo...

A pelicula mola mogollón,a mi principalmente gustoume moito

ATB (Adrián, ex-alumno) dijo...

Gustouche a parte na que saen os parapsicólogos? A min parece un pouco ridícula. Aínda que empeza e remata dunha forma maxistral! O final, xa vos digo, non o podo contar, pero non porque non quera, senón porque é moi extrano. Ide a vela e logo comentade por aquí :)

Mar 1ºC dijo...

Encántanme as películas de medo, xa podo ver esta cos meus amigos/as :)

ATB (ex-alumno) dijo...

No sé si viste la de "El orfanato". Bueno, pues es bastante parecida :) Para pasar el tiempo no está mal, aunque tampoco sea un bombazo. ¡Qué te diviertas!

Daira dijo...

Esto si que es una peli y lo demas son tonterias