23/11/11

La vuelta al mundo de un forro polar rojo

Título: "La vuelta al mundo de un forro polar rojo".
Subtítulo: Pequeña historia de la gran globalización.
Autor: Wolfgang Korn.
Ilustracións: Birgit Jansen.
Editorial: Siruela.
Lugar de Publicación: Madrid.
Colección: Las tres edades.
Ano de publicación: 2008 Berlín.
Publicado en España: 2010.
Premios: Premio ao mellor libro xuvenil de divulgación científica en Alemaña.

Sobre o autor: Wolfgang Korn naceu el Lünen, Alemaña, en 1958, estudou Historia, Ciencias Públicas e Periodismo. Vive en Hannover e colabora como periodista para revistas e xornais como GEO e DIE ZEIT.

A medio camiño entre a experiencia persoal, o traballo de campo, o periodismo de investigación, a divulgación e a testemuña crítica, está este xogo hipotético -que ben podería ser real- que o autor artella para levarnos a unha viaxe polos trastocados miolos do comercio internacional, a producción e as condicións laborais: dende o petróleo de Arabia, pasando pola industria téxtil do Sur de Asia, a conexión con Alemaña, ata chegar ás costas de África e finalmente ás Illas Canarias a bordo dun cayuco. Será no último capítulo onde o autor nos convoque para preguntarnos: cómo podemos cambiar entre todos o final deste relato.

O alumnado de 3º ESO do PDC está a lelo actualmente e logo o fará o de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras. Gustaríanos que compartísedes con nós as vosas impresións.

4 comentarios:

David Gómez Pérez 3ºB dijo...

ten boa pinta ese libro.en canto teña tempo lle voto unha ollada

Carmen dijo...

En economía, estivemos falando deste libro fai uns poucos días. Comentamos o percorrido dun produto desde as materias primas ata que chega as tendas. Para o que queira estudar o bacharelato de ciencias sociais pódelle resultar útil. Ademais pode facarnos reflexionar sobre que clase de productos queremos mercar e se ao mercalos estamos fomentando este tipo de sistema de produción.

Susana dijo...

Ola, Carme!! Como ves... estamos á última!;) Propomos libros que se aproveitan no bacharelato... Un pracer lerte!

Fani 3ºD dijo...

Para min o libro foi entretido no sentido de saber dende o principio como se fabrica o forro polar e como vistas diversas zonas do mundo.Non foi o libro que mais me gustou porque a verdad non me enganchou como o fan outros pero que remedio que leelo si non a profe Ana jajajajaja.Ainda asi recomendobolo aprendedes moito.Un saúdo :)