Hai tempo vos comentabamos que as novelas xuvenís basadas en distopías estábanse a poñer de moda. Exemplos claros serían "Juntos" de Ally Condie ou "Delirium" de Lauren Oliver. Sen embargo se lles preguntamos ao noso alumnado polos grandes clásicos deste tema como son "1984" de George Orwell, "Farenheit 451" de Ray Bradbury ou "Un mundo feliz" de Aldous Huxley, nen sequera lles sona o título.
Estes días volvinme mergullar na lectura deste último (a outra vez remóntase aos meus tempos de instituto) e volvinme sentir atrapada nesta sociedade futura onde a predeterminación xenética e o condicionamento serán as bases que sitúen a cada individuo nun lugar determinado da escala social no que se sentirá satisfeito. Nesta sociedade a enfermidade e a vellez non existen, todo vínculo emocional/sentimental (familia, amistade, amor) está abolido ou mal visto, e as posibles insatisfacións cálmanse con drogas de deseño aínda que sempre hai alguén que se rebela...
A pesares de editarse por primeira vez en 1932 segue a ser unha novela actual e valiosa polo que vola aconsellamos, desde a biblioteca e, especialmente, desde o Departamento de Ciencias da Natureza que a inclúe na súa lista de lecturas recomendadas.
5 comentarios:
Ola! Que tal vos vai todo?
Faláronme unha vez deste libro e a verdade non volvín a recordalo, pode ser una boa lectura para as vacacións de nadal :)
Respecto a entradas anteriores encántame a curta "Mourir auprès de toi".
Bicos!
Ola, Carmen, todo ben por aquí. A lectura recoméndocha se te gusta a ciencia ficción, tanto éste libro como "1984" de George Orwell e alégrame moito que te gustase a curta!!
A min persoalmente "1984" encantoume, o lin cando estaba estudando 3º de BUP, fai moitooooooosssssssssss anos.
E non sei se rería tamén un dos motivos de estudar más tarde Psicoloxía...
Moi recomendable!!
Saúdos
Hola profes, canto tempo .. A verdade extráñovos moito, bachiller é moi diferente pero pronto fareivos unha vista para recordar vellos tempos :) un bico e espero veros prontiño
Un saúdo de Ana Cristina Pérez :D
Ana Cristina, nós tamén agardamos verte pronto. É normal que notedes o cambio pero de seguro que pronto estarás totalmente afeita!
Publicar un comentario