19/1/12

Memorias dun neno labrego en 3º ESO



 O vindeiro 2 de febreiro o alumnado de 3º da ESO asistirá en Vigo á representación da obra "Memoria das memorias dun neno labrego" baseada na obra de Neira Vilas.




Os que xa lestes o libro, que vos pareceu?

Deixamos un vídeo cun anaco da representación e os merecidísimos aplausos finais a Cándido Pazó ao remate da súa actuación o ano pasado en Ourense.

5 comentarios:

Susana dijo...

Yaisha, sempre que falo deste libro, lémbrome de ti!!!;)
Apetéceme moito ver a obra, tivo unhas críticas estupendas e Cándido Pazó é moi bo actor.
Espero que vos guste...

Anónimo dijo...

Ana, espero que te recuperes pronto e poidas vir a dar clase de novo.

Ánimos e unha aperta. Oscar Pino 3°C

Anónimo dijo...

Lepauli: eu vin a obra hai pouco e me pareceu un traballo de actor extraordinario, que se move pola escena aproveitando o espazo con total expresividade e sostendo el só unha historia secundada pola memoria, que se basea en imaxes de gran ensoñación.
É moi atractiva para calquera público.

ana dijo...

Ola!
Eu tamén recordo a Yaisha cada vez que leo ou escoito o título ;)).
Óscar, moitas grazas, o certo é que estarei en nada dándovos a lata de novo.

A obra pinta estupenda!

Anónimo dijo...

O libro gustoume moito e quedeime coas ganas de ir a ver a obra, foi unha pena que a suspenderan.
Un saúdo, Itziar 3ºB