Estes días celébrase o 200 aniversario de
existencia dos contos dos irmáns Grimm, que todos limos de cativos.
Como sexa
que seguimos amando que nos conten historias reais ou de ficción, nada máis
efectivo e festivo que facelo a través da canción de Jaume Sisa titulada
“Qualsevol nit pot sortir el sol” (Calquera noite pode saír o sol) coa que nos
dá a benvida para facer da tristura fume, invitándonos a esa casa habitada por
mil e un personaxes cos que convivimos algunha vez, onde di: “a miña casa é
casa vosa, se é que hai casa dalgún”.
Polo tanto o noso brinde é pola liberdade, a
igualdade e a capacidade de crear unha boa vida en común.
(Engadimos
tamén a versión gipsy desta canción que fixeron "Los Manolos", porque trae a letra, cremos que en catalán é
entendible).
Por
certo, que versión vos gusta máis?
3 comentarios:
Parabéns! Moi acertada a escolla... e grazas, que levaba un tempo atrás dela!
Encántame!
Lepauli:
víchedes que o colgaron en Hora de Ler as asesoras e nomean o noso blog?
Boas e merecidas vacacións.
Publicar un comentario