Nesta última sesión anual do "Tamén len" tivemos o pracer de recibir a Javier Costas, arquitecto e profesor de Educación Plástica e Visual nun instituto de Vigo, e pai de Blanca Costas de 3ºA.
Despois de escoitar a peza interpretada por José Castro de 3ºA ao clarinete, Javier resumiunos brevemente o argumento do libro escolmado, "El atentado" de Yasmina Khadra (pseudónimo do escritor Mohammed Moulesshol, ex-oficial do exército arxelino que ten escrito varios libros sobre o conflito de Oriente Medio) do que nos leu un fragmento inicial.
Amin Jafaari é un cirurxián palestino nacionalizado israelí que vive e traballa en Israel. Está casado e leva unha vida tranquila e feliz. Un día, no hospital donde traballa, comezan a recibir feridos dun terrible atentado levado a cabo nun negocio de comida rápida por un terrorista suicida que resulta ser a súa muller, algo que Amin non é capaz de comprender e que o levará a adentrarse no mundo do integrismo islamista para atopar respostas.
Na rolda de preguntas, Javier falounos da orixe da súa vocación polo debuxo, compartiu con nós algunha trasnada adolescente e confesounos a súa predilección polos libros de arquitectura. Moitísimas grazas pola túa visita!
* Buscando información en internet, veño de descubrir que existe unha versión deste en banda deseñada, polo menos en francés.
4 comentarios:
moi boa entrada e páxina, felicítovos!
Un libro maravilloso, a entrada está moi ben redactada
Moitas grazas! Facémolo como mellor sabemos e podemos, esa é a nosa intención.
Este "Tamen len" foi para min o mellor de todos, non so polo libro que pareceume moi interesante, se non polas suas hazañas que nos contou. Que fixo que esta sesion fora un poco máis divertida. Encantoume a sua personalidade, e me pareceu que soubo conectar moi ben con nos. Estades facendo un bo traballo, non deixedes que esta paxina se perda, animo!!!
Publicar un comentario