O luns 26 de novembro, quedamos na biblioteca con Sandra (a administrativa do
centro en substitución de Rubén), a quen agradecemos ter compartido con nós a
lectura de “EL PERFUME” de Patrick Süskind.
Despois
de ser presentada por David Gómez de 4º e de acompañármonos a música do
clarinete de Mar de 3ºB; comezou lendo o primeiro capítulo, onde se describe
perfectamente o ambiente do París do s. XVIII, antes do acontecemento da
Revolución francesa que cambiaría unha época histórica. E caramba, se non era
necesario deixar atrás ese mundo de súbditos, de absolutismo, de carencias e
miseria social, de crise, de decadencia, de cidades que apestaban e persoas de
todos os estamentos e condicións que apestaban…
En
medio de tal ambiente, achegámonos a un personaxe inquietante, repulsivo,
deforme, que encarna mellor que ninguén a súa época. Grenouille ten un don moi especial:
un olfato excepcional que nos vai introducir nun mundo trastocado que vai da
máis sutil das fragancias, ao máis cruel dos asasinatos. En poucas obras o sentido do olfato ten
tal protagonismo, tanto que non nos
abandonan un sin fin de olores de todo tipo durante a lectura.
Moitas grazas!
1 comentario:
que juapo salgona foto!
Publicar un comentario