Neste curso comezamos a preparar as actividades para o día dos namorados ben cedo, xa que o entroido está á volta da esquina e xa sabemos o que iso significa, sobre todo aquí en Salceda.
Os MQs adornaron o centro con pentagramas amorosos e vos propoñen dúas opcións para participar/celebrar con música e sentimento esa data especial do mes de febreiro: por unha banda, podedes facer dedicatorias de cancións que escoitaremos pola radio escolar no recreo do día 14 e por outra, podedes animarvos a participar no concurso "Cantaruxando por amor".
As bases para participar no concurso son as seguintes:
1- Debes poñerlle letra ao retrouso dunha melodía escolmada por ti. A letra debe ser orixinal pero non a música, que podes tomala prestada de calquera canción coñecida.
2- Escribe o teu retrouso nun corazón (pídello a Begoña) e cólgalo no pentagrama que tes na entrada engadindo o teu pseudónimo.
3- Entrega na biblioteca un sobre que teña por fóra o teu pseudónimo e por dentro o teu nome, apelidos e curso. Anota tamén a canción da que tomaches prestada a melodía.
4- O prazo de entrega remata o 28 de febreiro.
5- Os MQs e o equipo de biblioteca elixiran aos finalistas e os convocarán a unha sesión en directo onde se elixirá o gañador/a do concurso.
6- O premio será un vale para unha cea romántica para dúas personas.
1 comentario:
MQ's: Moitas grazas pola vosa colaboración. Sen vós, todo isto non podería ter arrincado... Ata a celebración do Día do Libro!! (Chegade con forzas ;)
Publicar un comentario