Os mozos e mozas fixeron unha serie de portadas para discos (algunhas delas inspiradas en deseños coñecidos, outras en cambio inventadas de todo), baseándose para as súas composicións na estrutura dunha espiral sinxela.
Arestora, a xente mais nova non sempre se decata da importancia que tiveran no pasado as portadas dos discos, no desenrolo da cultura pop por exemplo, xa que daquela moitos grupos andaban á procura de imaxes abraiantes (fotografías, obras plásticas, fotomontaxes) que chamaran a atención e lles aseguraran un éxito de vendas. Hoxe en día, as cartelas dos CD son catro veces máis pequenas cas vellas portadas dos discos de vinilo e, aínda que seguen a ser un medio importante de atraer ao público, o seu rol é moito máis discreto.Todos os que temos certa idade lembramos a imaxe que acompañou o Sargent Peeper’s dos Beatles (logo parodiada por Frank Zappa) ou as que serviron de tarxeta de presentación ós discos dos Rolling Stones, a Creedence Clearwather Revival, Pink Floyd ou Iron Maiden.En moitos casos estas imaxes servían para identificar aos grupos ou os estilos musicais, e eran reproducidas arreo para facer gadgets (camisolas, pósters,etc.). Por exemplo, a estética futurista do tecno, ou os típicos esqueletos e criaturas infernais dos grupos heavy, ou a estética inspirada no expresionismo e o dadaísmo das portadas dos grupos punk.
Do deseño das portadas encárganse artistas especializados, algúns deles de sona, como Roger Dean, ou o equipo Hipgnosis, e empresas adicadas en exclusiva a esta tarefa, como a británica G&L (“Garrod and Lofthouse”). Algunhas portadas foron obxecto de polémica no pasado, cegando a ser censuradas nalgúns casos, aínda que moitas destas imaxes hoxe nos resulten inocentes. Foi o que lle pasou a do disco “Two Virgins” de John Lennon e Yoko Ono, na que aparecían ambos artistas espidos. E tamén tiveron problemas ca censura outros músicos como Aero Smith, David Bowie, Prince, Scorpions ou Guns N´Roses. Moitas veces estes escándalos foran provocados a propósito polos músicos ou polas casas discográficas, como unha forma de chamar a atención e seica vender máis. De tódolos xeitos, non hai que xulgar un libro con só mirar a portada. O mesmo consello vale para os discos.
Nacho Ruíz.
1 comentario:
Os últimos eran muy bos
Publicar un comentario