VIAXE Á LÚA. GEORGES MÉLIÈS
Estes
meses na capital. Madrid- está aberta unha exposición que está a ter moita sona
e da que os visitantes saen entusiasmados. Trátase de mostrar o xenio e inxenio
que un dos pioneiros do cinema deixou no seu filme máis coñecido; “Viaxe á lúa”, cuxas imaxes xa forman
parte do noso imaxinario colectivo, do noso patrimonio cultural: esa lúa vella
con engurras, que mostra o seu rostro contrariado cando ese foguete queda escachado no seu ollo.
Méliès
foi un mago, un adiantado á súa época, elaborou un cinema como entretemento
para divertir ao gran público que acodía atónito ao visionado dos primeiros
filmes. Abriu o camiño dos efectos especiais, feitos segundo os avances técnicos de cada época, e a un cinema que sempre tería esa inquedanza de querer mirar a un futuro imaxinado, inventado, intuído...
No hay comentarios:
Publicar un comentario