Para celebrar o Samaín -puxémoslle "patas á Calixtina"- e estes días temos expostos no corredor os libros e filmes que rescatamos e desempoamos do noso fondo bibliotecario. Algúns deles mostran un aspecto usado e outros menos, unhas son novas edicións e outras vellas, pero de todos eles emana un non sei que inquietante, tanto a través dos resumos que falan do seu contido, como das imaxes das súas portadas, que fan que un calafrío nos percorra e queiramos saber máis sobre esas terroríficas historias que son capaces de conseguir que se nos meta o medo no corpo. Cos autores clásicos e cos novos...
Aí os tedes para elixir con cal queredes tremer, neste mes en que o frío empeza a meterse tamén nos miolos e invita a taparse baixo unha manta ao abrigo da lectura ou do cinema.
E para que non esquezades o significado do Samaín e de Halloween, van estes enlaces. http://es.wikipedia.org/wiki/Halloween http://es.wikipedia.org/wiki/Samhain

No hay comentarios:
Publicar un comentario