-BIBLIOTECA E DEPARTAMENTOS DE LINGUAS-
Para promocionar as
inquedanzas e ansias de exercitar a experiencia da escrita ao redor da temática
amorosa, co gallo do día dos Namorados, convocamos o CONCURSO:
MENSAXES CURTAS DE AMOR:
“AS LINGUAS DO AMOR”
Toda aquela persoa que queira participar deberá axustarse ás seguintes
BASES:
- Elaborar escritos orixinais (de invención propia) en prosa poética ou
en verso, na lingua que se quixer: galego, castelá, francés, inglés, portugués,
árabe ...
- A extensión dos textos será non inferior a 4 versos ou a 2 liñas se é
prosa, e non superior a 14 versos ou 12 liñas se é prosa.
- O contido xirará ao redor da temática do AMOR.
- Presentarase cada texto nunha cartolina ou folla de papel (de tamaño
15 cms. como moito) recortada en forma de folla de árbore e pintada coas cores
naturais das follas vexetais, a elixir entre a gama dos verdes, amarelos,
alaranxados, avermellados; para despois colocala nas copas das árbores do friso das 4 estacións, pintado no corredor da
planta baixa. Todos os textos en
forma de folla serán expostos para conformar
“O BOSQUE DAS LINGUAS DO AMOR”
- Os textos serán presentados en sobre pechado contendo os datos do
autor/a e o título da súa obra, facendo constar por fóra do sobre un pseudónimo
(nome falso) que cada quen recoñecerá.
- O prazo remata o venres día 14 de febreiro á hora do recreo. Serán
entregados en Biblioteca, á hora do recreo, ou en Conserxería.
-Haberá un único premio: unha “CEA ÍNTIMA” para dúas persoas.
ANIMÁDEVOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario