Acabamos o curso, pero non queremos deixar atrás a ocasión de facer unha relación das diferentes actividades que se fixeron dende os diferentes departamentos ao redor da idea das viaxes, xa que, como sabemos, o lema que nos guiou estes meses foi "Viaxes Reais Viaxes Imaxinadas".
Praza do Palio en Siena, Italia, unha das máís fermosas, dou fe!! |
Destacar a iniciativa que tivo Ana Rodríguez Sío, profesora que este curso se encargou de levar á práctica un interesante proxecto de informática co alumnado de 4º ESO.
Na viaxe a Barcelona e PortAventura |
Nada mellor que velo para valoralo neste enlace ao blog viaxesreaiseimaxinadas, que crearon para a ocasión, magnífico procedemento para aprender a darlle uso ás diferentes ferramentas, fontes, soportes ou formatos dixitais. Mover se moveron, e viaxar viaxaron, tanto dun xeito imaxinario -quen de nós non soñou mil e unha veces en facer longas, exóticas ou perigosas viaxes?-, como dun xeito real -facendo crónica da viaxe a Barcelona que disfrutaron como excursión de fin da ESO con todos os compañeiros e compañeiras de 4º, da que lles quedou un magnífico e inesquecible recordo, ademais doutras viaxes que cada un deles tivo a sorte de experimentar e disfrutar e quixeron relatar.
Ademais de estar a mellorar a competencia lingüística -que este ano foi un dos obxectivos de Centro- con todos os marabillosos relatos que deixaron escritos; e de empezar o curso traballando tamén a alfabetización informacional dixital a través do "Caderno de Bitácora".
Xa ao principio do curso, dende a Biblioteca buscouse a colaboración do profe de Plástica, Nacho, para facer unha Rosa dos Ventos na entrada do instituto. Ademais, Nacho colaborou redactando neste blog as entradas sobre os aventureiros de BD:Tintín e Alix.
Dende os departamentos de linguas, promovéronse e traballaron lecturas relacionadas coa idea das viaxes, como por exemplo: Ámote Leo A de Rosa Aneiros, Noite de voraces sombras, Robinson Crusoe, A illa do tesouro, diferentes novelas de Jules Verne, Bajarse al moro, Las bicicletas son para el verano, etc.
Dende as materias de CCSS, viaxamos no tempo cara ao pasado con lecturas como Agosto do 36 (que compartimos co Dpt. de Galego), o libro das Marabillas de Marco Polo, o Diario de Cristóbal Colón, etc. Ademais de colaborar co Ciclo de Cinema e Viaxes: Master & commamder, A quimera do ouro, El diablo sobre ruedas, A dilixencia...
Con 1º ESO, no Print, fixemos unha singular singradura aprendendo a navegar pola Rede, na busca de información fiable, a través das obras do pintor Urbano Lugrís, seguindo o rastro de diferentes naufraxios...
Dende o Club de Lectura recomendamos e comentamos Robinson Crusoe, que comparamos con Venres ou a vida salvaxe, e limos tamén A expedición do Pacífico. Ademais de ver o filme de Chaplin e o western Centauros do deserto.
E máis traxectorias interesantes que seguramente deixo no tinteiro ...
E máis traxectorias interesantes que seguramente deixo no tinteiro ...
4 comentarios:
Son o exalumno David Gómez. Invitos a ver ete video que e o último numero da representacion que fixemos dos miserables no ies Alexnde Bóveda de Vigo :
https://www.youtube.com/watch?v=E0E2jz_5Xtk&list=UUtGyrPrvqfPYZMRxENq05gw
Encantada de saber de ti. Estou de vacacións. En canto poida xa o vexo. Apertas. Paula
Son Adrián e, ao igual que David, fun alumno do IES durante catro fermosísimos anos. Fai xa tres anos! Como pasa o tempo... Deséxovos a todos e todas un moi bo comezo de curso e espero poder pasarme por ahí para darvos unha visita, tanto eu como os demáis compañeiros da promoción. Unha aperta moi grande. Adrián.
Caramba!
Sempre nos resulta reconfortante e unha ledicia saber de vós, calquera dos antigos alumnos e alumnas.
Por aquí seguimos na brecha...
Apertas. Paula
Publicar un comentario