25/7/15

A BANDA DE MÚSICA DE SALCEDA DE CASELAS DIRIXIDA POR ROGELIO GROBA NO FESTIVAL DE CANS DE 2014

No Festival de Cinema de Cans de 2014, estreouse no Torreiro, "na hora do vermut", o tema composto polo músico ponteareano Rogelio Groba, que interpretou a Banda de Música de Salceda de Caselas, e que serviu para celebrar dentro do Festival e honrar a este músico que hai anos debutara neste mesmo lugar coa primeira banda de música que dirixiu, a de Guláns.

Que apareza neste blog -máis dun ano despois- responde a que temos que darlle merecidos parabéns aos alumnos e alumnas que formaron e forman parte dunha das bandas de música mellor consideradas na actualidade, e compartir este vídeo con elxs é algo que me quedara pendente.

Que mellor que o tempo de verán, de festas e verbenas para disfrutar das súas notas!!!!


No hay comentarios: