View more presentations or Upload your own.
O día 4 celebramos o Recital de Poesía Adolescente, cos poemas publicados pola Fundación Rosalía de Castro, presentados por diferentes centros de Secundaria ao Certame de Poesía Escolar 2015. É de destacar a presenza de 3 alumnas e 1 alumno do IES Ribeira do Louro de O Porriño, que viñeron a recitar connosco: elas leron os seus propios versos e os Siareiros da Palabra as poesías premiadas e publicadas que seleccionamos para a ocasión.
Houbo cheo total, disfrutamos o momento e abrimos unha porta a futuras colaboracións cos nosos invitados de O Porriño. Deixamos aquí algúns vídeos do recital e a actuación de Uxía González interpretando "Negra sombra" de Rosalía de Castro, xunto a Dani na guitarra, Clara no violín e Jessica na frauta traveseira.
Negra sombra. Uxía González.
Sara Norniella. Caos.
Metapoesía do desencanto. Leticia e Andrea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario