Inicio
Sobre nós
Catálogo
Xuvenil
Narrativa
Poesía
BD
Libro ilustrado
Cine
9/2/16
HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO.
Todos os anos temos un compromiso coa historia local, coa nosa memoria, cuns feitos que exemplifican o movemento agrarista de principios do século XX e, en concreto, os feitos do 28 de novembro de 1922 en
Sobredo
, onde varios campesiños e unha campesiña embarazada perderon a vida loitando pola Redención dos foros, en definitiva, por mellorar e deixar de pagar as cargas que tiñan cos donos das terras que traballaban e poder facerse con elas.
Organizámolo como un acto de convivencia entre o
CEP Altamira, o IES San Paio de Tui, o IES Perez Tizón de Tui e o
noso IES Pedras Rubias, onde ten cabida a comprensión e lembranza do feito histórico, o recitado de poesía e textos alusivos, a música en directo, un completo evento cívico, que adoitamos facer coincidir ao redor do 28 de novembro para todos os cursos de 4º ESO, tendo a 6º de Primaria como invitado especial. O domingo máis cercano é cando se fai o acto oficial de homenaxe por parte do
Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSO)
, no que están presentes tamén diversas autoridades locais comprometidas, e se adoita invitar a algún historiador especialista no tema. Este ano, en concreto, foi tamén
invitado o profesor Xoán González Leirós
, quen fixo un pormenorizado relato da nosa aportación ao longo de tantos cursos. Para mostra deixamos o enlace a dito video e ao texto escrito para este 93 aniversario, colgados no sitio:
-
http://martiresdesobredo.blogspot.com.es/2015/11/o-video-dos-actos-do-93-aniversario.html
-
http://martiresdesobredo.blogspot.com.es/p/93.html
E, como non, quede constancia tamén da participación do noso alumnado nunha actividade relacionada co noso pasado histórico, coidando a memoria e coidando a lectura de textos e o recitado de poesías de diversos autores galegos significativos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Entrada más reciente
Entrada antigua
Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario