Comezamos o luns ben forte:
-Preparamos o bosquexo das figuras de "Quijote e Sancho" sobre un cartón a tamaño natural, para despois baleirar un óvalo nas súas faces e poder así meternos na súa pel recitando variadas pasaxes do texto de Cervantes, ademais, claro está, de querer todxs facernos a típica foto coa nosa cara metida nas súas figuras. Grazas unha vez máis ao profe Nacho, que é un artista e aos seus colaboradores.
-Seguimos o martes 3 de maio, co Maratón de Lectura adicado á lectura do "Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha", que se realizou ao longo de toda a mañá, participando alumas/os, profes, conserxe, administrativo, etc, coma sempre, ademais de contar coa presenza de José Luis, o noso asiduo invitado, mestre xubilado, que se brindou a facer un recitado de memoria dramatizado da aventura de Don Quijote cos muíños de vento, e a profe Sonia que tamén recitou a pasaxe da descrición de Dulcinea, dun xeito moi, moi expresivo. Estamos agradecidas da súa amable participación que resultou sumamente atractiva para o público reunido no recreo na Biblioteca. Os seus vídeos estarán colgados no seguinte post, recomendamos velos e disfrutar deles.
-E aínda nos queda disfrutar das figuras debuxadas en cartón de "Quijote e Sancho", que utilizaremos no corredor e nas aulas, e que, como vemos nas fotos, estiveron como decorado de fondo no Maratón na BE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario