19/1/17

Tamén len... con Sito



José Luis González, coñecido como “Sito”, concelleiro de Facenda da nosa localidade visitounos o xoves 15 de decembro. Porque as letras nunca rifaron cos números... Porque se a cultura é fundamental para o desenvolvemento das persoas, sen economía non se come. Despois de facer un pequeno repaso pola súa biografía Sito informounos que a lectura escollida non ía xirar arredor dos cartos, a súa especialidade, senón que viña concienciarnos da importancia de coidar os espazos públicos, porque é aí onde se desenvolve a vida social das persoas. 

E Salceda nos últimos anos está mimando especialmente os lugares públicos: prazas, sendeiros, parques... A súa lectura titulouna: “Os espazos públicos son de todas e todos nos e por iso debemos coidalos”. A súa lectura inspirouse nunha anécdota que lle ocorreu recentemente coa súa nena, quen despois de recoller una papel nun parque e tiralo ao lixo, contestoulle que se un na casa non tira papeis ao chan tampouco se debe facer iso nos parques.  Recolleu unha serie de textos en internet aos que engadiu algunha reflexión persoal para facer un recorrido polo concepto de “espazo público”, as súas funcións e algunhas recomendacións de como debemos actuar, ademais falou dos efectos da pobreza ambiental, paisaxística e social sobre os seus habitantes para rematar falando dos beneficios destes “lugares estratéxicos”. No coloquio posterior foi contestando as preguntas do noso alumnado, entre o que podemos salientar o gusto de Sito por pasear polas sendas de Salceda todas as semanas, e de lamentar que ultimamente pouco tempo ten de ler literatura de ficción, reducíndose ás súas lecturas, por cuestións laborais, a lexislación, aínda que segue sendo un devorador de prensa diaria.

Aquí vos deixamos a lectura de Sito:

No hay comentarios: