O programa "Tamén len" sirve para achegarnos e coñecer a persoas que non están fisicamente no instituto e saber de cales son os seus gustos literarios pero, tamén, como neste caso, para voltar a entrar en contacto con persoas que estiveron neste instituto e, agora, por diversas circunstancias xa non están con nós.
E ese foi o caso deste día.

Logo dos bicos e apertas, fixémoslle un recibimento musical, do que se encargou Uxía, que interpretou unha cantiga de Amy Winehouse, acompañandose coa súa guitarra.
A música é un lugar común de encontro no instituto e en Salceda.

Ambas deixaron claro, coa súa elección, algo que de sempre fixeron no insti: por en valor o papel da muller en todos os ámbitos da vida e a igualdade de xénero.
E, para iso, dúas grandes escritoras: Almudena Grandes e Begoña Caamaño, a primeira en castelán e a segunda en galego. E, ámbalas dúas, con valores firmes na búsqueda da igualdade entre mulleres e homes, na aceptación da diversidade e na necesidade da solidaridade entre as persoas.
En definitiva, Chus e Irma continúan a ser parte desas persoas coas que estás a gusto compartindo camiño.
Xa nos tarda a próxima vez que volten visitarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario