4/12/25

MÁRTIRES DE SOBREDO

 Como xa é tradición no noso IES, o alumnado de 4º ESO acudiu xunto con outros centros da contorna de Tui e Porriño a realizar a homenaxe aos Mártires de Sobredo o 28 de novembro. Acompañounos o bo tempo e lembraron que o 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, máis coñecidos como os Mártires de Sobredo, foron asasinados a tiros por defender un veciño contra o pago dos foros segundo acordo do Congreso Agrario. 

Grazas á profe Chus polo seu labor á fronte do Equipo de Dinamización Lingüística organizando actividades tan necesarias como esta!!!!!!









No hay comentarios: