O día 9 de marzo tivemos o noso Tamén Len, desta vez coa presenza de César Núñez, músico salcedense e pai de dúas alumnas que cursan 4º da ESO. Actualmente é profesor de tuba no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela e director da Sociedade Musical Lanhelense, perto de Caminha, en Portugal. Escolleu como lectura o relato "Mans coma nubes" de Rosa María Llorente Suárez, do libro Obras breves de imaxinación (Premios de Relatos "Mulleres Progresistas 2007-2011"). Resultou unha sesión moi agradable na que ademais se falou de música. Aquí vos vai unha mostra gráfica.







No hay comentarios:
Publicar un comentario