Como xa é habitual, onte celebramos unha das actividades da semana das Letras Galegas no noso souto: o maratón de lectura. A autora homenaxeada este ano é Begoña Caamaño polo que fixemos a lectura de Morgana en Esmelle durante toda a mañá. Grazas a todo o alumnado e profesorado participante por poñer voz a esta historia e achegarnos un pouquiño da obra de Begoña. Aquí vos deixamos as fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario