30/10/09
Feliz Samaín !
Inventa un epitafío para Cali
29/10/09
Tamén len con ... Rosa Velasco
Hoxe tivemos a honra de estrear as sesións do "Tamén len" deste curso coa estimada presenza da nosa compañeira Rosa Velasco, que nos agasallou coa lectura dun relato de Carlos Casares, recollido no libro "Vento ferido", titulado "O xogo da guerra".
Todo o contrario que Rosa, sempre amable e alegre. Foi un pracer terte de novo con nós.
28/10/09
Cali nos visita polo Samaín
24/10/09
Do amor ao terror
Tedes visto algunha? Déixanos o teu comentario!
Para saber máis sobre o Samaín ou Halloween ou consultar as fichas técnicas das pelis, preme sobre os vínculos.
23/10/09
Recital poético: "O amor está nos libros"
16/10/09
Éranse unha vez ...os MQs

9/10/09
Premio Nobel para Herta Müller
Onte concedeuse o Premio Nobel de Literatura a poetisa e novelista de orixe rumana, Herta Müller. Nacida no ano 1953, Müller conviviu co rexime dictatorial de Nicolai Ceacescu. A situación política vivida neses anos: prohibición para editar os seus libros, coacción para colaborar coa policía política, etc leváronna a exiliarse en Alemaña no ano 1987.O galardón resalta en Müller, en palabras textuais, “a capacidade para retratar a paisaxe dos desposeídos”.
En España están editadas varias das súas obras, entre outras “En tierras bajas” (Niederungen), “El hombre es un gran faisán en el mundo”, “La bestia del corazón” y “La piel del zorro”.
Se estás interesado en ler o primeiro capítulo de “El hombre es un gran faisán para el mundo” preme sobre o título.
6/10/09
As rimas con humor, sempre entran mellor
O seu profesor de Lengua e Literatura Castellana pretende convecelos, polas boas ou polas malas, que é moi bo para os seus espíritus, e sobre todo para os seus corazóns (non falemos das ventaxas que pode ter para aprobar o curso) ler as Rimas. Por iso pretende convencelos coas súas propias armas, a televisión, para que as lean, todo isto polas boas, claro. Supoño que queda clara a diferencia entre os/as bibliotecarios/as, e os profesores, e non falamos da súa melena precisamente.
podrá no haber poetas; pero siempre
habrá poesía.”
30/9/09
Ágora
O vindeiro 9 de outubro estrénase nos cines, Ágora, a última película de Alejandro Amenábar. Ambientada na antiga cidade exipcia de Alexandría e centrada na vida de Hypatia, a película tenta retratar a destrucción da famosa biblioteca desta cidade, o maior centro de saber e investigación do mundo antigo.
Que estás lendo agora?
21/9/09
Xa estamos de volta!
Léstedes algo interesante este verán? Tedes ido ao cine ultimamente?
Sabedes que vos temos botado de menos e que estamos ansiosos porque compartades con nós todas esas experiencias.
Eu quería falarvos da película que máis me impactou das que vin nestas vacacións. Titúlase "La ola". Basada en feitos reais ocorridos en 1967 na Cubberley Hight School de Palo Alto (EEUU) onde un profesor de historia, Ron Jones, pon en marcha un experimento cos seus alumnos de secundaria co fin de demostrarlles o fácil que resulta cair nas garras dun sistema autoritario. Por desgracia o experimento ten demasiado éxito.
19/6/09
Vacacións... por fin!
Aos de 4ºESO, dicirvos que vos imos botar de menos e que desexamos que todo vos vaia moi moi ben. Este video vai adicado a vós.
Aos MQS, dicirvos que nos sentimos moi satisfeitas co voso traballo e que contamos coa vosa inapreciable axuda no vindeiro curso.
A todos/as, moitísimas grazas por estar ahí.
Prometemos volver coas pilas cargadas. Pasádeo ben e aproveitade o verán...tamén para ler!
17/6/09
Os lobos de Moeche

Como remate do curso, o alumnado de 3ºESO e algúns/as de 4ºESO leron un cómic de recente publicación titulado "Os lobos de Moeche", de Manel Cráneo. Trata sobre as Revoltas Irmandiñas e está ambientada en Moeche, berce da Revolución, cando os irmandiños se alzaron contra os abusos dos Andrade.
Con esta obra, Demo Editorial inicia a sua andadura apostando pola banda deseñada en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico da Galiza mediante un medio de entretemento como é a novela gráfica.
10/6/09
Cando a realidade imita á ficción: Os cadeados do amor
Estas imaxes pertencen á Ponte Milvio en Roma e o que vedes nas farolas son cadeados. Hai tantos que a estructura, do S.III, está empezando a ceder, e o que empezou como símbolo de amor nunha novela se transforma agora nun problema político. Pero comecemos polo principio...
No ano 2004, Federico Moccia publica a súa novela "A tres metros sobre el cielo" que se converte de inmediato nun gran éxito entre os adolescentes italianos. Como escenario a cidade de Roma, dous adolescentes queren voar, buscan caminar 'tres metros sobre el cielo'. As rapazas como Babi esmeránse nos seus estudos, falan do último grito en moda e se preparan para atopar o amor da súas vidas; os rapaces como Step prefiren a velocidade, a violencia, o risco e a camaradería das bandas, pero todos eles tentan vivi-la vida como se cada segundo fora o último.
No ano 2007 aparece a segunda parte, "Tengo ganas de tí" na que os protagonistas se reencontran e selan o seu amor colocando o citado cadeado e tirando a chave ó Tiver...
Queredes engancharvos? Hai peli das dúas partes!

