20/2/17
Día de Rosalía
Etiquetas:
concurso,
marcapáxinas,
rosalía
9/2/17
27 de febreiro de 2007
Pronto fará dez anos, o 27 de febreiro, que iniciamos o camiño
mensual da lectura cunha das actividades máis apreciadas do noso
instituto, o Tamén Len: un invitado, de todos os ámbitos da sociedade
salcedense, que cada mes, dende hai dous lustros, nos visita na
Calixtina, durante o tempo de lecer, para compartir co noso alumnado o
pracer da lectura.
Data tan significativa merecía unha
celebración grandiosa. Levamos semanas traballando nese acto que terá
lugar o vindeiro mércores 15 de febreiro. E xa temos invitados/as!!!
Tamén len... con Leticia
O xoves 26 de xaneiro tivemos unha sesión do
Tamén Len... moi musical, cunha invitada
moi elegante. Leticia Calvo, exalumna de Altamira, psicóloga de profesión, e
filla do noso querido excompañeiro e primeiro bibliotecario da Calixtina, Jose
Luis Calvo.
Leticia apareceu elegantemente vestida de
negro con sombreiro, imitando o estilo do mítica cantante americano Frank
Sinatra, descoñecido para a maioría dos nosos alumnos/as. A sesión comezou,
como non, coa música de Frank. Despois da presentación de rigor Leticia leunos
fragmentos da biografía de Frank
titulada “Sinatra. A su manera” de J. Randy Taraborrelli na que relatou
distintas anécdotas do cantante en relación coa fama. Algunhas das súas fans
ate recollían pisadas do cantante na neve. Este libro comprouno sendo ben nova
Leticia, xa que de adolescente comezoulle a paixón pola cantante americano.
Despois da lectura abrimos unha quenda de intervencións na que lles plantexaron
distintas cuestións a nosa invitada: algunhas relacionadas coa súa época de estudante,
outras co seu traballo de psicóloga e moitos máis temas.
Leticia tamén se animou co canto e deleitounos
coa súa voz en directo cun dos temas máis famosos de Sinatra: “New York, NewYork”.
Un auténtico pracer musical e literario.
Escoita a lectura no seguinte enlace: AUDIO
1/2/17
Os Quinquilláns: Cousas
O mércores 31 de xaneiro todo o alumnado do IES Pedras Rubias asistiu a unha adaptación teatral dun dos libro máis impactante de Castelao: "Cousas", da man da compañía Os Quinquilláns.
Neste libro onde a palabra convive cos debuxos, do que era un auténtico mestre Castelao, o humor é un dos elementos claves para denunciar unha sociedade inxusta que lle tocou vivir ao autor de Rianxo. Escrito como pequenos cadros, que meritoriamente o grupo de teatro Os Quinquillas souberon enlazar para facer unha proposta teatral moi do gusto do noso alumnado.
A iniciativa, da man da editorial Galaxia, supuxo un traballo previo do libro por parte dos nosos alumnos e os seus mestres de Lingua Galega, para poder aproveitar en toda a súa dimensión a representación teatral a que asistimos ao auditorio do concello. Aproveitamos para agradecer, unha vez máis, a colaboración do Concello que desinteresadamente préstanos o Auditorio Municipal para acoller a todo o alumnado do centro.19/1/17
Explorando coas lentellas
Este curso, dende a nosa Biblioteca Calixtina, andamos a incentivar aos distintos departamentos para que compartan con nós o lema deste curso, "base de exploracións", e o primeiro que se animou foi a profesora de "Ciencias Aplicadas a la Actividad profesional" que andivo nos meses de outubro e novembro a experimentar coas lentella, analizando o seu desenvolvemento.
Para ir abrindo boca aí vai un poema da poetisa valenciana María Beneyto i Cuñat: que leva por título "Tú y las lentejas".
Las
guisabas con mimo, las amabas,
porque tenían que ponemos fuerza
en la sangre. Su hierro la querías
para así apuntalamos y que entonces
pudiéramos erguir algo de vida.
Hasta laurel llevabas, todo aroma,
a la gran reunión, a la asamblea.
El fuego, buen amigo de tus manos,
obediente y pequeño, le embestía
a tu otra amiga, su enemiga, el agua.
Era tu guerra chica interminable
en el frente que urdías con el rito
diario, de enfrentar dos elementos
a combatir furiosos por nosotros.
Era aquella tu España diminuta.
Las lentejas cocían tu esperanza,
nuestro futuro tierno, nuestra historia.
Erguían estatura al aire, daban
voracidad de dientes, daban rabia
de paladar. y alegría de estar vivos.
Lentejas con laurel y lo que hubiera.
Crecíamos. El humo y el aroma
venían de tus manos, hueso ahora,
madres del hueso articulado mío.
porque tenían que ponemos fuerza
en la sangre. Su hierro la querías
para así apuntalamos y que entonces
pudiéramos erguir algo de vida.
Hasta laurel llevabas, todo aroma,
a la gran reunión, a la asamblea.
El fuego, buen amigo de tus manos,
obediente y pequeño, le embestía
a tu otra amiga, su enemiga, el agua.
Era tu guerra chica interminable
en el frente que urdías con el rito
diario, de enfrentar dos elementos
a combatir furiosos por nosotros.
Era aquella tu España diminuta.
Las lentejas cocían tu esperanza,
nuestro futuro tierno, nuestra historia.
Erguían estatura al aire, daban
voracidad de dientes, daban rabia
de paladar. y alegría de estar vivos.
Lentejas con laurel y lo que hubiera.
Crecíamos. El humo y el aroma
venían de tus manos, hueso ahora,
madres del hueso articulado mío.
"DESARROLLO VEGETAL DE LAS LENTEJAS"
Hemos llevado a cabo un
experimento en el que comprobamos el volumen de agua que necesita una planta de
lentejas para su desarrollo y crecimiento óptimo. Los resultados obtenidos
fueron el crecimiento de casi todas las plantas.
Vamos a estudiar el
crecimiento de unas plantas de crecimiento rápido controlando una única
variable, la cantidad de agua de riego; y manteniendo constantes otras
variables como son: la cantidad de luz, la tierra diaria, el tipo de tierra
empleada, el material del vaso y su tamaño.
Etiquetas:
base de exploracións,
ciencias
Tamén len... con Sito
José Luis González,
coñecido como “Sito”, concelleiro de Facenda da nosa localidade visitounos o
xoves 15 de decembro. Porque as letras nunca rifaron cos números... Porque se a
cultura é fundamental para o desenvolvemento das persoas, sen economía non se
come. Despois de facer un pequeno repaso pola súa biografía Sito informounos
que a lectura escollida non ía xirar arredor dos cartos, a súa especialidade,
senón que viña concienciarnos da importancia de coidar os espazos públicos,
porque é aí onde se desenvolve a vida social das persoas.
E Salceda nos últimos
anos está mimando especialmente os lugares públicos: prazas, sendeiros,
parques... A súa lectura titulouna: “Os espazos públicos son de todas e todos
nos e por iso debemos coidalos”. A súa lectura inspirouse nunha anécdota que
lle ocorreu recentemente coa súa nena, quen despois de recoller una papel nun
parque e tiralo ao lixo, contestoulle que se un na casa non tira papeis ao chan
tampouco se debe facer iso nos parques.
Recolleu unha serie de textos en internet aos que engadiu algunha
reflexión persoal para facer un recorrido polo concepto de “espazo público”, as
súas funcións e algunhas recomendacións de como debemos actuar, ademais falou
dos efectos da pobreza ambiental, paisaxística e social sobre os seus
habitantes para rematar falando dos beneficios destes “lugares estratéxicos”.
No coloquio posterior foi
contestando as preguntas do noso alumnado, entre o
que podemos salientar o gusto de Sito por pasear polas sendas de Salceda todas
as semanas, e de lamentar que ultimamente pouco tempo ten de ler literatura de
ficción, reducíndose ás súas lecturas, por cuestións laborais, a lexislación,
aínda que segue sendo un devorador de prensa diaria.
contestando as preguntas do noso alumnado, entre o
que podemos salientar o gusto de Sito por pasear polas sendas de Salceda todas
as semanas, e de lamentar que ultimamente pouco tempo ten de ler literatura de
ficción, reducíndose ás súas lecturas, por cuestións laborais, a lexislación,
aínda que segue sendo un devorador de prensa diaria.
Aquí vos deixamos a lectura de Sito:
18/1/17
O carballo con botas
O pasado luns 19 de
decembro celebrouse a colocación oficial dunha placa que contén un poema,
escrito polo ex-bibliotecario e profesor de este instituto tantos anos Jose
Luis.
Coincidindo cos dez anos de vida do IES Pedras Rubias, e celebrando a
plantación de dous carballos eses primeiros meses de vida do noso instituto, o
mestre José Luis compuxo un fermoso poema laudatorio desas árbores que tantas
cousas simbolizan dentro da vida educativa de Salceda de Caselas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





