25/1/11

El arte de volar: Premio nacional de cómic 2010.

Desde o curso pasado a biblioteca do noso instituto vén tentando suplir o que era unha das grandes faltas nos nosos fondos: a relativa a banda deseñada.
Pouco a pouco imos ircoporando clásicos do mundo do cómic, o manga e a novela gráfica e tamén estamos abert@s ás vosas suxestións.
É por iso que hoxe vos queremos falar dunha novela gráfica que acadou o Premio Nacional de Cómic no Salón do Cómic de Barcelona a finais do pasado ano: El arte de volar.
Con ilustracións de Kim, Antonio Altarriba céntrase na autobiografía do seu pai para levarnos da man polos acontecementos máis relevantes da historia de España no século XX.
Paga a pena que lle botedes, cando menos, unha ollada.


El Arte de Volar from polinomio on Vimeo.


4 comentarios:

Claus Patera dijo...

Este cómic está moi ben. O guionista conta a triste historia vivida polo seu propio pai; o debuxante é o mesmo que fai a serie "Martínez el facha", na revista "El Jueves". Unha lectura das que deixan pegada.
Bicos.
Ramón

biblosvivos@gmail.com dijo...

Bicos para ti tamén! Xa te botabamos en falta.

Susana dijo...

A min gustoume moito. Por unha banda, a parte gráfica pero, sobre todo, a historia que conta, moi dramática. Reflicte moi ben os tempos da Guerra Civil e posguerra. Grazas, Paula, por telo recomendado!!

IRMA dijo...

Eu o teño pendente...
Pero quería comentar que acabo de descubrir os libros para VER E ESCOITAR que tedes colgados no blog e paréceme que merecen tamén unha ENTRADA...son todos preciosos e moitos deles cargados de optimismo...
Noraboa.