Viñamos rumiando a creación dun club de lectura para
profes desde hai tempo, concretamente despois da lectura en cadea e o
fructífero intercambio de opinións ao que nos levou "Nada" o curso
pasado. De feito, penso que vén existindo xa pero dun xeito caótico e pouco
ortodoxo :). Así que este curso puxémonos serias e decidimos fundar o club de
lectura "O anel de Palova".
O nome ten múltiples significados; anel en sentido
figurado polo que ten de círculo, de unión e nexo e tamén en sentido literal...
e Palova na honra a unha compañeira (non é rusa aínda que poda parecelo) que se
trasladou este curso e coa que pensamos seguir mantendo contacto, a lo menos
mediante este club.
Como primeiros títulos
seleccionamos "Mexillóns para cear" de Birgit Vanderbeke na
Editorial Rinoceronte e "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño
e editado en Galaxia, ambos recomendacións feitas no Papel de MULLER de Papel
por Gemma Lienas e Begoña Caamaño, respectivamente.
6 comentarios:
Eu xa estou anotada!!;))
E eu, encántame o nome "O anel de Palova" que poético...
O nome é autoría de Paula, a min tamén me encantou!
Eu tamén estou anotada. Voume a pór cos mexillóns xa. A ver quen lle fai sombra ao "anel de Palova".
Eu empecei por ler o de Circe, que me parece moi, moi interesante para conversar; e agora estou acabando o dos Mexilóns, que pode levarnos a falar de 1 e 1000 cousas.
Dende o centro do anel de Palova
Ciao
Eu xa lin os dous pero para aquela debería refrescar ideas!
Publicar un comentario