29/11/11

Tamén len con... Martín Acuña

O luns 21 acompañounos, na nosa sesión mensual do Tamén len, Martín Acuña Vaqueiro, coordinador das Escolas Deportivas de Salceda.

Martín leunos un fragmento do libro "Once minutos" de Paulo Coelho, onde a protagonista lembra un episodio do seu pasado, o da descuberta do amor e a entrada na adolescencia.
"María entonces empezó a creer que el mundo era demasiado grande, el amor algo muy peligroso, y la Virgen una santa que vivía en un cielo distante y que no escuchaba lo que los niños pedían".
Posteriormente, e despois de responder ás vosas preguntas, concedeulle unha entrevista a tres dos nosos MQs que reproducimos a continuación. 

MQs: Cal é o teu libro favorito?
Martín: Teño varios, "Resistencia atómica" de Vladimirov é un deles.

MQs: Por que elixiches ese libro? Que te chama a atención do autor?
Martín: Porque me gusta moito o autor. Paréceme unha persoa moi directa, tanto cando se dirixe a nenos como a adultos.

MQs: En que consiste o teu traballo?
Martín: En coordinar as actividades deportivas no concello.

MQs: Cantos anos levas neste traballo?
Martín: Trece anos.

MQs: Gústache?
Martín: Moito.

MQs: Cal é o deporte que máis che gusta?
Martín: O balonmán.

MQs: Canto tempo lle adicas o teu traballo?
Martín: Sobre oito horas, un pouco máis.

MQs: Canto tempo se lle adica ao deporte na túa escola deportiva?
Martín: Dous días de adestramento e un de partido.

MQs: Cal é o deporte de máis éxito?
Martín: O fútbol (65% do alumnado).

MQs: Cal é a túa relación co alumnado do noso IES?
Martín: A moitos os coñezo por ser veciños e a outros polas Escolas Deportivas.

MQs: Como definiría o nivel das nosas Escolas Deportivas?
Martín: Alto.

MQs: Para rematar, en que idioma les máis: galego ou castelá?
Martín: En galego.

MQs: Moitas grazas.

Karen Engster, Sofía Carracedo e Iria Alonso 3ºA

2 comentarios:

Susana dijo...

Gustoume moito esta sesión do Tamén len. Coa lectura do primeiro parágrafo, abriume o apetito de rematar o libro. A presentadora e, sobre todo, o presentador, fixérono estupendamente. Parabéns!! Martín conseguiu un Tamén len atractivo e interesante, moitas grazas!!

Irma dijo...

A min tamén gustoume moito. O "tamén len" estase convertendo nunha actividade realmente interesante!!
Parabens Sonia e etc...!!

Irma