O día 1 de decembro é a data na que celebramos O Día Mundial da Loita contra o SIDA. Na presente edición o lema é "Chegar a cero: cero novas infeccións por VIH, cero discriminación e cero mortes relacionadas coa SIDA". Oxalá que o lema se converta en realidade moi pronto!
E non quero deixar pasar esta data sen facervos unha recomendación literaria sobre o libro de Xulia Alonso "Futuro imperfecto".
Xulia cóntanos en primeira persoa a súa historia e a da súa parella que morreu de SIDA hai anos e, por extensión, a historia dunha xeración que despertou á xuventude estreando democracia, que descubriron as drogas como un acto máis da liberdade que estaban a inaugurar e que se atoparon de pronto cunha enfermidade terrible e descoñecida que os diezmaba en medio da ignorancia e a discriminación.
O texto reflicte a necesidade de Xulia de non esquecer e a arela de poder transmitirlle á súa filla a memoria do seu pai e da súa historia en común.
É, sen dúbida, unha historia conmovedora que non sensiblera sobre os vínculos (familia, amor, amistade) que son os grandes alicerces que nos manteñen en pé e polos que merece a pena seguir adiante.
6 comentarios:
Un libro que, sen dúbida, non te deixa indiferente. Emocionoume moito. Creo que é unha excelente lectura para coñecer unha época e unha xeración así como o problema das drogas e as súas consecuencias. Moi recomendable... acompañado dun pano de man...
Susana como estraño las lecturas recomemdadas, el coleguio, a todos los profes. Tengo muchas ganas de haceros una visita, pero mientras tanto visito en blog y me voi informando de como van las cosas por ahí.
besos :)
colegio no coleguio, perdon.
Ola, Yaisha: Ven vernos cando queiras, que estamos ben cerca!! Nós tamén vos botamos de menos ;)
Ademáis, ainda temos algo para devolverche :((
As persoas só morren cando as afastamos da nosa memoria, por iso Nico segue tan vivo a través da evocación que Xulia fai del para Lucía. Novela valente, real e estremecedora.
Publicar un comentario