5/12/11

1ª Reunión do club de lectura "O Anel de Palova"


Quen pense que é fácil poñer data para reunir aos vinte profes que formamos parte do club de lectura equivócase. Tras un cruce intensivo de mensaxes para acordar data, horario, lugar, menú (as xuntanzas pretenden ser gastronómico-literarias) e posibles actividades complementarias, finalmente nos reunimos o martes 29 no restaurante do Museo do Mar en Vigo, ben cerquiña do mar. Por suposto, no menú non faltaron os mexillóns.

10 comentarios:

Elisa dijo...

Eu non puiden asistir, pero creo que foi moi interesante e houbo debate (como debe ser). Espero que Circe nos dea para falar longo e tendido e, sobre todo, poder ir.

ana dijo...

O mesmo digo!

Susana dijo...

Pois... preparádevos!! A xente vaivos preparadísima a estas xuntanzas, co libro lido en profundidade e mesmo anotacións... Lede Circe con atención!!

Irma dijo...

Eu disfrutei moito da xuntanza. E a primeira vez que asisto a unha reunión dun club de lectura de xeito formal. E paréceme moi enriquecedor comentar un libro con compañeir@s de tanta calidade.


Saúdos.
Irma

Fernando dijo...

Foi todo un placer, tanto polos alimentados inxeridos como polos comentarios escoitados... e resultaron moi necesarios para centrarse en lecturas lóxicas do libro e non deixarse levar por teorías un tanto oscuras, e que os meus mexilóns debían ter tóxinas (do lat.toxicum:envelenado; 1. Veleno orixinado polos organismos dos seres vivos. 2. Substancia tóxica e antihixiénica producida por bacterias)

ana dijo...

Fernando, a ver que alimentos "desintoxicados" comes a próxima vez... que eu estou desexando escoitar a túa peculiar lectura sobre Circe...

Elisa dijo...

Ai, Fernando, eu vou ler o dicionario para debater contigo. Que poderío!

Susana dijo...

Isto promete!!

Anónimo dijo...

Que ben se vive carallo!!! Vide a comer a miña casa que pola metad do precio comedes un bo cocido que alimenta mais e ahora no inverno agracese moito!!

Algun dos homes de Ana!!

ana dijo...

A ver, a ver, que iso de "homes de Ana" así, fóra de contexto, non sona nada ben... menuda fama que vou coller no blog... :)