|  | 
| De esquerda á dereita: Karen, Natalia e Antonio | 
Hoxe tivemos a sesión do "Tamén len" correspondente a este mes de marzo. Nela demos a benvida de novo a Natalia, profesora de Matemáticas que traballou con nós ata hai dous cursos e que formaba parte deste noso equipo de biblioteca. 
A Calixtina recibiuna coma se merece, engalanada coas letras e números da CDU (que ela deseñara e recortara con agarimo) reunidas para enviarlle unha mensaxe de benvida en forma de ecuación.
A presentación correu a cargo de Antonio, outro dos nosos compañeiros do departamento de Matemáticas, quen recordou o paso de Natalia polo noso instituto.
 Natalia, pola súa banda, ofreceunos coma sempre a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.
Natalia, pola súa banda, ofreceunos coma sempre a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.O libro cóntanos como Robert, un neno que odia as matemáticas, atopa en soños ao demo dos números e descubre da súa man un mundo apaixoante, no que as matemáticas deixarán de ser un ente incomprensible para converterse nun reto fascinante lonxe dos tópicos escolares.
Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.
Para pechar o acto, Karen de 3ºA, leulle a Natalia o poema de Wislawa Szymborska "O número pi".
Despois desta sesión xa ninguén poderá dicir aquilo de que "os de ciencias" non amamos os libros nin a lectura...
 
 
 








