23/3/12

Tamén len... con Natalia


De esquerda á dereita: Karen, Natalia e Antonio

Hoxe tivemos a sesión do "Tamén len" correspondente a este mes de marzo. Nela demos a benvida de novo a Natalia, profesora de Matemáticas que traballou con nós ata hai dous cursos e que formaba parte deste noso equipo de biblioteca. 

A Calixtina recibiuna coma se merece, engalanada coas letras e números da CDU (que ela deseñara e recortara con agarimo) reunidas para enviarlle unha mensaxe de benvida en forma de ecuación.

A presentación correu a cargo de Antonio, outro dos nosos compañeiros do departamento de Matemáticas, quen recordou o paso de Natalia polo noso instituto.

Natalia, pola súa banda, ofreceunos coma sempre a súa alegría e o seu cariño e leunos o primeiro capítulo (cómo non!) do libro "El diablo de los números" de Hans Magnus Enzensberger.

O libro cóntanos como Robert, un neno que odia as matemáticas, atopa en soños ao demo dos números e descubre da súa man un mundo apaixoante, no que as matemáticas deixarán de ser un ente incomprensible para converterse nun reto fascinante lonxe dos tópicos escolares.

Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.



Para pechar o acto, Karen de 3ºA, leulle a Natalia o poema de Wislawa Szymborska "O número pi". 


Despois desta sesión xa ninguén poderá dicir aquilo de que "os de ciencias" non amamos os libros nin a lectura...

4 comentarios:

Irma dijo...

Encantoume!...
Moitas grazas Natalia.
Saúdos e bicos.

Adrián Troncoso (ex-alumno) dijo...

Que recordos do Tamén Len! A ver se nos pasamos a darvos unha visita a próxima semana. Saúdos! ;)

Friki productions. (Equipo de F & Pc) dijo...

Jajajajajajajajaja, amin gustoume moito a cumbia das matemáticas, jajajajajaj está moi orixinal. En canto ao libro parece interesante.

P.D:Son David Gómez Pérez (3ºB) que escribo coa identidade do meu blog " Friki productions-djj" onde colgo as miñas películas.

biblosvivos@gmail.com dijo...

Pois teremos que facerlle unha visitiña ao blog Friki, logo!