Debuxo de Nacho Ruíz, profesor de Educación Plástica acompañante na excursión de 4º ESO |
Queremos inaugurar unha nova sección que
etiquetamos co título “A viaxe dun libro” baseándonos na idea de que, se
ben os libros nos transportan a lugares afastados, exóticos ou cercanos, pero a
lugares aos que viaxamos coa mente; tamén hai libros que viaxan con nós, que
fan viaxes reais e gardan un significado consciente ou inconsciente nesa
experiencia na que nos acompañan e fan que teñamos máis información, maís
emoción, unha ampla dimensión para facer introspección ou para saír de nós,
sorprendéndonos case sempre.
Aproveitamos a aventura da viaxe de 4º ESO, para
iniciarnos nunha viaxe tan íntima como colectiva, e aínda que pareza un pouco
trivial, que mellor que escomezar cunha “Guía de viaxe de Barcelona”, tan práctica e da
que tanto dependemos ás veces para situarnos…, pero tamén nos acompañan outras
lecturas na mesma viaxe, a cada quen a súa…, como ese libro de Eduardo Mendoza
“La ciudad
de los prodigios”. É o noso desexo compartilo con vós a través da
crónica que fixemos os profesores acompañantes, con prosa, versos, imaxes, e
coa participación dun programa radial dos alumnos que viviron esta experiencia
con moita graza. Esta visión se completará coa crónica da viaxe das alumnas de
Taller de Prensa que están a elaborar un nº extra da revista do insti “As tamancas de pau”.
A coordinadora da B.E.
Relato Da Viaxe a Jaca e Barcelona Con Fotos
A CRÓNICA DO ALUMNADO:
2 comentarios:
Jo profes, que genial es esta entrada. Estamos super contentos de que vinieseis vosotros, pero bueno, reconocemos que al principio, cuando nos dieron la noticia, no nos gustó demasiado que fueran dos profes de historia y uno de arte, tenía pinta de tostón, pero resultasteis ser enrollados y todo eh. Os agradecemos mucho que perdierais vuestro tiempo con nosotros, tanto en la excursión, como haciendo esto, MUCHAS GRACIAS!
Lepauli:
Non foi ningunha perda de tempo, alomenos iso foi o que pretendimos que trascendera destas nosas palabras e, antes, dos nosos actos con vós. Estou sorprendida e satisfeita da experiencia. Sabemos todos que foi unha boa viaxe.
Os vosos xeniais profes...
Publicar un comentario