12/1/13

A catástrofe do Prestige dez anos despois



A última semana de aulas do 1º Trimestre fixemos algunhas actividades ao redor  do 10º  aniversario da catástrofe do Prestige. Cos diferentes niveis da ESO, plantexámonos algunhas cuestións importantes despois de ver unha montaxe documental que emitira a cadea de televisión Tele 5 daquela e o documental “Marea blanca” feito pola cineasta Isabel Coixet, onde destaca a participación desinteresada de tantas persoas voluntarias que viñeron de fóra, de moi diferentes lugares, sensibilizadas ante o desastre ecolóxico de toneladas de fuel (chapapote) verquidas ao mar.



Paralelamente montouse unha pequena exposición coa intención de mostrar algúns gráficos e datos publicados na prensa do momento explicando o accidente, a solución dada, as negativas consecuencias económicas e sobre o medio ambiente, o xurdimento espontáneo dun movemento cidadá chamado “Nunca Maís” e as actividades que se fixeron coa colaboración de músicos, artistas, escritores..., e sobre todo dende a escola, destacando a experiencia extraordinaria da “Cadea Humana” na Costa da Morte.


2 comentarios:

Alex Mene dijo...

Sobre esto tedes agora a expo no MARCo titulada A balea negra. Bicos.

ana dijo...

Pois moitas grazas pola información, Álex. Vaste converter no noso máis fiel comentarista. Se tes algunha suxestión de lectura, xa sabes...