6/2/13

Intercambio de experiencias co IES de Porto do Son. Alfabetización dixital.



O pasado mércores 30 de Xaneiro, as profesoras que formamos parte da Comisión da B.E. asistimos ao IES de  Porto do Son, en calidade de relatoras, a unha sesión do Seminario que leva a cabo o Proxecto interdisciplinar sobre “Astronomía”. Alí estivemos en representación do profesorado que formou parte do GT sobre Educación Documental Dixital, no que o curso anterior elaboramos a unidade didáctica “Caderno de Bitácora”, que pronto levaremos á práctica co noso alumnado de 1º e 4º ESO.

Falamos da nosa experiencia na elaboración duns contidos, en soporte eXe-Learning, que nos serviran de base para traballar un bo uso da Rede, a chamada alfabetización dixital. Foi un encontro moi agradable así como unha experiencia interesante que contribuíu á difusión do noso traballo, que tentamos compartir.

3 comentarios:

Susanaa dijo...

Moitas grazas as compañeiras de Porto do Son por contar con nós para a súa formación. Foi toda unha experiencia... Mirade que aulas teñen!!

Irma dijo...

Parabéns!!,moi orgullosa de pertencer a ese estupendo GT "Caderno de Bitácora".
E a verdade que o Ies de Porto do Son desborda arte!!

Irma

ana dijo...

Pois si Irma, déronnos unha acollida marabillosa e nos mostraron o seu centro que rezuma arte e traballo ben feito por todas partes. A biblioteca, preciosa.