O luns 28 de Xaneiro pola tarde
tivemos a oportunidade de ter entre nós ao compañeiro, profesor e poeta Ramón Blanco,
acompañado do músico Pablo Sax, que no acubillo da Biblioteca acadaron o
silencio cómplice do público de 3º e 4º e foron quen de levarnos da man do
ritmo poético e do son construído oportuna-mente, nunha sesión especial onde a
voz recitaba coa réplica de diversos instrumentos, sons de cunchas, de auga, de
metais, de vento…, mesturados e prolongados no significado do verso.
Unha
Partida: coa linguaxe que só é real como é real un recordo, un desexo… A Ruta:
deambulando pola noite, onde ninguén permanece… E unha Arribada: onde o poema
se fai na lectura e, como flor efémera, tras ser lido, desfaise.
Son as tres partes do traxecto do que fomos
convidados-lectores, desa parte escura
da que é capaz de trascender a beleza.
De fondo a inspiración e o contraste buscado da poeta do século XIX Emily
Dickinson, ensimesmada e illada do mundo; e da xeración beat, un grupo de
escritores e poetas na busca da liberación en contacto co mundo na
Norteamérica dos anos 50.
ramon blanco from biblosvivos on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario