5/3/13

Tamén len... co alumnado de 4º de primaria do CPI Altamira

Se o mércores nos visitaba Marcos Calveiro o venres tamén contabamos con convidados de nivel. Nin máis nin menos que oito alumnos/as de 4º de primaria do CPI Altamira acompañados por Montse, a directora do centro, e Rocío, a secretaria.

Para comezar a sesión como ven sendo costume, Samuel (4ºC), Toti (4ºA) e Andrea (1ºA) demostraron o seu bo facer musical.

E de 4º da ESO pasou o relevo aos rapaces de 4º de primaria que, aínda que logo nos comentaron que estaban un pouquiño nerviosos, leron como verdadeiros/as narradores/as profesionais os textos que escolmaran coas súas profesoras na aula: fragmentos de "Down" de An Alfaya, o poema "Mariposa del aire" de Federico García Lorca, o episodio da loita cos muiños de vento de "Don Quijote de la Mancha", os poemas "Adiós ríos, adiós fontes" e "Castellanos de Castilla" de Rosalía Castro, un relato de "Cuentos para niños perversos" de Roald Dahl e un fermosísimo poema sobre a fala de Manuel María.




Ao rematar contestaron as preguntas dos asistentes e nos deron algunha agradable sorpresa: Están desexando vir para o noso IES!! Ademáis parece que lle gustou o noso agasallo :))


Moitísimas grazas a Xana Ainhoa Gesto, Nuria Núñez, Nerea Almeida, Pablo Almeida, Alexandre Fernández, David Rodríguez, Andrés Núñez e Chenoa Tomé. Estamos encantadas de contar con tan marabillosa canteira.

No hay comentarios: