Encontro cos antigos alumnos Rubén Fandiño, manager
e Roky, cantante de rap, que xunto a Miky, compañeiro de Tui que destaca como
cantante e campión galego de beatbox, foron quen de facernos pasar un rato ben
agradable e interesante desvelándonos as particularidades deste universo
chamado Hip Hop, das que deu conta con gran claridade de ideas o verdadeiro
showman que é Rubén, nunha boa
organización do acto, cunha introdución na que falou do máis
significativo deste mundo que abarca música (rap, beatbox), danza (break),
artes gráficas (graffiti) e un estilo de vida, un modo de ser e de estar, unhas
letras con mensaxe crítica ante a realidade circundante…
Este movemento cultural e artístico nace en Nova
York a finais dos anos setenta e principios dos oitenta, nun ambiente urbano
desfavorecido, e pronto vai ter unha gran aceptación entre os xoves inquedos
da periferia das grandes cidades.
Tocoulle
o turno a Miky para explicar os misterios do Beatbox e demostrarnos a súa
habilidade para facer ruídos coa boca. A orixe desta serie de efectos sonoros,
como se dun home orquestra se tratara, parte de formas ancestrais, do canto harmónico mongol, etc. e no beatbox van tomando unha forma relacionada co
universo hip hop. Ë unha percusión bocal: platos, caixa… que se van combinando.
Pero tamén se pode unir o canto cos ritmos beatbox, incluso percutir a lingua
co padal para facer a gran velocidade efectos incribles e de gran efectividade.
O beatbox está sendo considerado agora o quinto elemento do hip hop. É xa unha
comunidade e ten o seu oco gañado. Pero xa Boby McFerrin, Michael Jakson, ou W.
Smith xa facían beatbox. Así o beatbox é
máis que hip hop, esténdese a diferentes influenzas.
Non se poden facer máis de dous sons á vez, só que
se fan a gran velocidade, entón semella que se multiplican.
Comentounos que el empezou a aprender esta técnica
con titoriais, comezando de cero el só e practicando e practicando, pero coa
vantaxe de que tamén ten coñecementos musicais académicos.
Aínda
quedaba a intervención de Roky, cantante de rap, quen nos comentou como foi a
súa experiencia con este medio de expresión musical e puidemos escoitar algunha
das súas composicións, con letras comprometidas, de protesta, en galego e tamén
en castelá, e con temáticas cercanas da nosa realidade. El goza creando as
letras, namentres do acompañamento musical ou das bases para os seus temas se
ocupa Jacobo Curto.
Rematamos
cunha improvisación a dúo de Roky e Miky, que se atreveron “a pelo” cun tema do
primeiro e sons beatbox de Miky.
Todo estivo animado e ilustrado con videos de:
-Resumen
official Salceda Hip Hop 2011. No que se mostra a Festa Hip Hop de Salceda que leva varios
anos facéndose en verán e da que vos deixamos este vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario