Este curso canalizamos, unha vez maís, a Formación de Usuarios da B.E. na hora de PRINT, en 1º ESO. Acabamos por aceptar dende a práctica, que era máis efectivo facernos cargo directamente desta hora algún dos integrantes do Equipo de B.E. Asi que é a coordinadora da B.E. quen se ocupa de impartir esta hora en cada un dos 3 grupos de 1º.
Comprobado está que para acadar unha aprendizaxe permanente e unha boa dinamización da biblioteca escolar, é necesaria non só a alfabetización lecto-escritora, senón tamén unha formación de usuarios da B.E. que se complemente coa alfabetización dixital e informacional. Todos estes conceptos que nos poden parecer un pouco confusos, forman parte da educación documental. Grazas a ela pretendemos ser capaces de manexar a información de forma autónoma, buscándoa, seleccionándoa, utilizándoa, transmitíndoa, avaliándoa e creando coñecementos, no día a día do traballo dos xóvenes, dende a biblioteca e xunto aos departamentos didácticos en cada centro escolar. A "Sociedade da Información" na que vivimos demanda este "aprender a aprender" como competencia necesaria para saber manexarse entre a enorme variedade de recursos e medios que temos a man, para poder ser uns usuarios informados e críticos.
O noso plan é traballar as 3 partes en que dividimos os contidos:
-Formación de usuarios- Unidade Didáctica I. (1º trimestre).
-Educación documental. Unidade Didáctica II. (2º trimestre)
-Alfabetización dixital. Unidade Didáctica III: Caderno de Bitácora.(2º/3º trims.).
Para aplicar a un:
Traballo de investigación ou proxecto interdisciplinar que permita desenvolver as habilidades para achegarse á información. (3º trimestre)
Estes procedementos nos permiten acadar o obxectivo principal que é formar como ususario e dar unha educación documental de base que poidan aplicar a calquera tarefa que implique unha busca de información por parte do alumnado. ademais de fomentar a lectura e o uso dos diferentes recursos da B.E., sen esquecer que se establecen as liñas de base para aprender a investigar e saber distinguir o que é fiable e o que non. Trátase de navegar e facelo con bo rumbo, como soemos dicir.
O contacto que se establece coa B.E. a través desta formación, dende o primeiro curso que os alumnos e alumnas chegan ao noso centro, soe ser moi fructífero e sempre nos serviu para facer canteira e atraer a colaboradores da B.E., a novos socios do Club de Lectura, etc.; en definitiva, a un alumnado que demanda e mantén vivo o espazo bibliotecario.
Os materiais que elaboramos e usamos na Formación de usuarios e na Educación documental están colgados no apartado correspondente da columna dereita deste blog. O Caderno de Bitácora (alfabetización dixital e informacional) está colgado na páxina web do IES Pedras Rubias.
Soemos establecer como actividade a elaboración dun "Catálogo de libros imaxinados" feito polos alumnos/as, clasificados onde corresponde segundo a CDU e etiquetados, que queda exposto na B.E.
Os materiais que elaboramos e usamos na Formación de usuarios e na Educación documental están colgados no apartado correspondente da columna dereita deste blog. O Caderno de Bitácora (alfabetización dixital e informacional) está colgado na páxina web do IES Pedras Rubias.
Soemos establecer como actividade a elaboración dun "Catálogo de libros imaxinados" feito polos alumnos/as, clasificados onde corresponde segundo a CDU e etiquetados, que queda exposto na B.E.
No hay comentarios:
Publicar un comentario