4/1/14

BEOWULF de David Rubín. DE MEDO!

O pasado sábado día 28 de decembro no Café La Historia de Vigo, e organizado pola librería BANDA DESEÑADA, tivemos a sorte de ter a David Rubín en persoa para compartir con el un informal e interesante intercambio de datos e impresións sobre o proceso creativo da súa última obra recén publicada, Beowulf


Asume o autor unha arriscada iniciativa creativa ao darlle forma e nova vida a un mito anglosaxón -considerado o poema maís antigo da literatura inglesa-, que revisita e recupera cunha linguaxe de hoxe, pero fiel ao mítico Beowulfhttp://es.wikipedia.org/wiki/Beowulf

Non é a primeira vez que Rubín se achega a personaxes da mitoloxía antiga: nórdica, como neste caso, ou clásica; nada mellor para comprobalo que meterse nas páxinas da súa obra anterior El Héroe, editada en dous volumes, onde o protagonismo é dun dos heroes por excelencia: Hércules ou Heracles e os seus traballos, tamén actualizado con mestría por este debuxante e guionista galego considerado hoxe como un dos máis destacados autores de BD.

















Podemos afirmar que Rubín sabe currarse con oficio e simpatía a promoción da súa obra. Ademais, pola tarde na librería Banda Deseñada, foi quen de firmar con grande amabilidade os exemplares que lle demandamos un montón de lectores. Na nosa biblioteca teremos á volta das vacacións o noso Beowulf adicado especialmente. 

Por todo isto creo que pode ser do voso interese achegarvos ás súas palabras aquí transcritas:





No hay comentarios: