2014. Maio. Maratón Lectura. from biblosvivos on Vimeo.
Este venres 16 de Maio, véspera do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, quixemos facer o MARATÓN DE LECTURA, que este ano adicamos a JULES VERNE; xa que nos pareceu unha boa opción en relación ao lema da BE deste curso: "Viaxes reais Viaxes imaxinadas"; ademais de conmemorar así as LETRAS GALEGAS.
Limos en varias linguas "VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES", en galego, portugués, francés, castelá, inglés, e incluso un fragmento en árabe, que leu Ettohami, e outro fragmento en italiano, que leu José Luis, o noso mestre xubilado, pero sempre activo para apoiarnos e axudarnos nas nosas actividades culturais. Agradecemento dende esta páxina, a el e tamén a todas as persoas que participaron na lectura e na organización do evento, especialmente á nai, pertencente á ANPA, que se achegou tamén a compartir a lectura con nós.
Apuntar que en Vigo, promoveuse nos últimos anos a creación da "Sociedad Verniana de Vigo" que nace en 2012, formada por escritores, periodistas, profesores, etc, coa finalidade de ter a Jules Verne e a súa obra, en concreto "Vinte mil leguas baixo dos mares" como refente para promocionar a cidade de Vigo e difundir as referencias que o autor fai na súa novela desta bahía e do afundimento dos galeóns de Rande; e as visitas que Verne fixo ao lugar en dúas ocasións, que saibamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario