"Na literatura popular galega, e na vida cotiá do mundo rural, son abundantísimas as historias de aparecidos e da Santa Compaña. Son historias que a cultura moderna considera supersticións herdadas dos tempos escuros, dos tempos da ignorancia. Pero as cousas non son tan simples.
O antropólogo Xosé Ramón Mariño ofrécenos unha escolma na que aparecen narracións sobre a morte, sobre o seu sentido e o medo que produce: sobre os agoiros e visións que anuncian un próximo falecemento; e sobre as relacións entre vivos e mortos, que van dende as moi distantes ás que supoñen unha intensa convivencia, e incluso a posesión dun vivo por un defunto.
Superando os tópicos e o desprezo habituais, Mariño xulga as historias de aparecidos como unha creación cultural estimable que permite, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a morte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relacións sociais. E, por suposto, como tema literario, contan con todos os ingredientes para interesar e emocionar os oíntes e os lectores. Case nada". (Presentación sacada do libro "Aparicións e Santa Compaña" de Xosé Ramón Mariño Ferro).
O citado foi o libro do que seleccionamos os textos para ler na "Sesión de Lecturas Terroríficas", onde diferentes membros do Club de Lectura participaron animadísimos nunha Santa Compaña que fixo as veces de transmisora destas historias que viven entre nós, historias que desasosegan e que rozan o sentido da vida e da morte.
para animar ao seu disfrute,
e que están expostos entre telarañas esperando a ser desempoados.
Foi na Biblioteca, ás escuras, alumeados por cirios e caracús, onde realizamos esta singular sesión, entre calafríos, pero tamén con risas...
Normalización Lingüística organizou un concurso para valorar as tres mellores cabazas feitas polos diferentes grupos de alumnos e alumnas; ademais de facer participar tamén á Santa Compaña nun "Magosto Terrorífico" .
No hay comentarios:
Publicar un comentario