17/2/15

DESCUBRE A BIBLIOTECA!!:

Dende o PRINT de 1º ESO queremos convidarvos a seguir as pegadas de cores e as palabras significativas que tentan expresar todo o que de pracenteiro ten a visita a espazos como a nosa biblioteca e a "fisgar" entre as páxinas dos libros; para descubrir unha Biblioteca "En Pé de Igualdade" que pretende dar a oportunidade de ofrecer mil e un recursos e actividades abertas a todas e todos. 

PASEN E VEXAN PEGADA A PEGADA...






Engadimos un video con este percorrido, que leva ata o muro que anuncia a  entrada á Biblioteca, onde a xeito de graffiti  plasmamos os obxectivos que pretendemos acadar.

Montaxe final de Rubén e música de "Los Coronas"


2 comentarios:

1ºC dijo...

ola!
Somos o grupo de 1ºC.
Queremos dicir,que nos encantou o video cas nosas pegadas,ademais,gústanos moito a música de "Los Corales".Estamos moi orgullosos de ter participado nesta actividade.

1ºA dijo...

O grupo de 1ºA,na tarde de print na biblioteca,queremos comentar que nos gustou participar nesta actividade para animar a todas as persoas a vir á biblioteca e a ler.