24/2/26

23 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

 O luns 23 de febreiro celebrouse o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. No noso centro lembrámolo de diferentes maneiras. Coincidindo coa celebración do Día da Radio, que se atrasou a este día por causa do entroido, a profesora de Lingua Galega Chus e coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística preparou un fantástico programa de radio co seu alumnado de 4º PDC. Entrevistaron á mesmísima Rosalía, a Curros Enríquez, Aurelio Aguirre e algúns dos fillos e fillas da poetisa. A profe Ana de Lingua Castelá preparou co alumnado de 3º PDC un mural sobre a autora con ilustracións e poemas seus. Todo en colaboración coa biblioteca que tamén fixo unha pequena exposición sobre a pegada de Rosalía no tempo. Ademais o Departamento de Lingua Galega colveu convocar o concurso de creación artística a partir da obra de Rosalía do que se saberán os gañadores a próxima semana. De todo isto deixamos mostra fotográfica. 














No hay comentarios: