Onte día 26 de febreiro tivemos o pracer de recibir no noso Tamén Len de febreiro a Eva Martínez. Foi profesora de prácticas de Lingua Galega o curso pasado e ademais é exalumna do centro. Agasallounos coa lectura dunha das cartas que forman parte do libro de Fran Alonso Cartas de amor, un relato moi emotivo no que unha adolescente uruguaia emigrada a Galiza escríbelle ao seu mozo sobre como é agora a súa vida aquí e a imposibilidade de seguiren xuntos. Grazas Eva por acompañarnos.




No hay comentarios:
Publicar un comentario